1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

051012 cartaafeijocorcoestoGaliza - PDC - Veciños e membros da Plataforma pola defensa de Corcoesto remitiron un escrito ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no que amosan o seu total rexeitamento ao proxecto mineiro de Corcoesto e pídenlle que non o autorice.


No seu escrito trasladan ao Presidente que na fase de exposición pública do proxecto presentaron máis de 1.300 sinaturas mostrando a súa oposición ao mesmo, así como ao feito de que se estea tramitado como proxecto industrial estratéxico, pois “un proxecto que ten unha duración de uns trece anos, que crea pouco emprego e de curta duración, que destrúe o noso patrimonio natural e que usa unha tecnoloxía altamente contaminante, non pode ter tal consideración”.

Os veciños recórdanlle tamén que o proxecto vai a afectar a centos de hectáreas de superficie forestal, consumirá cada día máis de un millón de litros de auga que lle regalará a sociedade galega a unha empresa canadense, empregará unha tonelada e media de cianuro diaria, e vai a xerar 17 millóns de toneladas de residuos que permanecerán para sempre na contorna contaminando as augas durante centos de anos. Consideran polo tanto, que “se trata dun proxecto que prexudica á sociedade galega no seu conxunto e que vai a comprometer para sempre o futuro de Corcoesto e de Cabana de Bergantiños”.

Tamén apelan á sensibilidade de Feijóo pola paisaxe e o territorio e ao seu compromiso co desenvolvemento futuro desta comarca para que non autorice o proxecto mineiro de Corcoesto, ao tempo que lle recordan unhas verbas que pronunciou con ocasión da celebración do día mundial do medio ambiente nas que sinalaba: “o desenvolvemento coidadoso e respectuoso da riqueza natural é un legado que temos que entregar ás novas xeracións” ou “o desenvolvemento ou é sustentable ou non será desenvolvemento económico”.

Augas de Galicia

A Plataforma pola defensa de Corcoesto presentou tamén outro escrito en Augas de Galicia no que esixe que se garanta o abastecemento de auga na parroquia de Corcoesto para consumo doméstico, gandeiro e agropecuario, xa que os proxectos de megaminería a ceo aberto producen escaseza dos recursos hídricos coas graves consecuencias que isto xera nas poboacións afectadas.

No caso de Corcoesto, os veciños están moi preocupados polo elevado consumo de auga previsto polo proxecto ao se abasteceren de xeito gratuíto de fontes de auga cuxa desaparición está prevista no proxecto mineiro, pero para as que a empresa mineira ou o Concello non ofrecen alternativa algunha.

Foto: Carta dirigida a A.N.Feijó, do neoliberal ultranacionalista espanhol Partido Popular.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.