1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

031012 eucaliptoseplGaliza - FEG - En xullo de 2010, Bureau Veritas concedeu á empresa forestal de ENCE, NORFOR, o selo de xestión forestal sustentábel do FSC (Forest Stewardship Coucil). En febreiro de 2011 a Federación Ecoloxista Galega presentou unha queixa fronte a esta certificación argumentando que NORFOR incumpría os principios que establece o FSC para a concesión do selo e que, evidentemente, non se aportaban ningún tipo de evidencias nin verificadores do seu cumprimento.


A pesar de que FSC ten establecido un protocolo de atención ás queixas contra os certificados, Bureau Veritas non atendeu a queixa presentada pola FEG, nunha clara manobra de dilación para manter o maior tempo posible o certificado de NORFOR e así poder obter os importantes beneficios resultantes da concesión e mantemento do selo.

Os incumprimentos que denunciaba a Federación Ecoloxista Galega (FEG) facían referencia a dous aspectos fundamentais da xestión forestal que están recollidos nos estándares de certificación de FSC:

O primeiro deles é a necesidade de que os montes certificados proporcionen diversidade de usos e produtos. A multifuncionalidade é efectivamente un criterio básico de sustentabilidade ambiental e social xa que, ao permitir obter diversidade de beneficios, o monte pode servir como fonte de recursos durante máis períodos ao ano e para un número maior de persoas. A pesar de ser este un criterio básico para a certificación e malia que Bureau Veritas recoñece que o único beneficio que se obtén é a madeira de eucalipto para polpa, concedeu o selo a NORFOR.

O segundo aspecto fundamental da reclamación da FEG é o relativo aos danos ambientais que provoca a xestión forestal que realiza a empresa. Neste sentido sinalábase que o uso de agrotóxicos, aínda que permitido polo sistema, resulta tremendamente destrutivo tal e como o realiza NORFOR. Efectivamente o uso masivo de herbicidas provoca a destrución total na vexetación e a eliminación dos organismos herbívoros que podera haber no monte, e portanto tamén dos organismos que se alimentan deles. En definitiva, a vida desaparece dos eucaliptais xestionados por NORFOR. Por outra banda,  a aplicación de grandes cantidades de insecticidas para combater a praga do Gonipterus elimina tamén insectos e outros artrópodos e os seus depredadores, rachando o equilibrio dos ecosistemas e perxudicando á apicultura.

A vexetación seca pola acción dos herbicidas que se acumula nos montes, xunto co carácter pirofítico propio dos eucaliptos favorecen ademais a propagación dos lumes forestais. As técnicas de subsolado profundo a favor de pendente para a plantación, xunto con outras actuacións que practica NORFOR, favorecen a perda de solo por erosión, tal e como se ten comprobado nas parcelas. A actividade de NORFOR contravén así outro dos principios do FSC, que obriga a que as actividades certificadas manteñan a biodiversidade e os solos, algo que evidentemente NORFOR destrúe. aínda así Bureau Veritas concedeu o certificado.

A Federación Ecoloxista Galega, ven de presentar diante da entidade responsábel de certificar aos certificadores, Acreditation Services International, unha nova reclamación solicitando a suspensión de Bureau Veritas como empresa certificadora e de NORFOR como empresa certificada, poñendo de manifesto a fraude na que se ten incorrido e as sospeitas de corrupción no FSC. Tales comportamentos perxudican gravemente a credibilidade do selo FSC ao provocar que os seus produtos non teñan a seguridade de proceder dun monte ben xestionado e sí de actividades forestais fortemente degradantes como os monocultivos de eucalipto que xestiona ENCE-NORFOR.

Os fundamentos desta reclamación diante do ASI son xa que logo as manobras de engano realizadas por Bureau Veritas: Dilación inxustificada do procedemento para manter o selo; ocultación do uso en Ponte Caldelas dun insecticida altamente perigoso para a apicultura, o imidacloprid, e o propio feito de conceder o certificado a pesar de recoñecer que se incumpren os principios relativos á multiprodución, á conservación da diversidade e á conservación dos solos. Tan só retirando da certificación a empresas como Bureau Veritas poderase chegar a recuperar o prestixio e recoñecemento do FSC, posto en cuestión por estas fraudulentas prácticas.

Foto: EPL


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.