1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

Campaña Recollida SinaturasGaliza - INDN - Hoxe, DÍA 27 DE SETEMBRO DE 2012 terá lugar A SEGUNDA RECOLLIDA DE SINATURAS NA RÚA por parte de diversos colectivos e integrantes da Comisión Promotora da ILP contra a incineración. A continuación detállanse lugares e horas:


  • A CORUÑA:     18:00 à 20:00
  • CANGAS:         18:00 à 20:00
  • CARBALLIÑO – Praza Maior: 12:00 à 14:00
  • COMPOSTELA – Praza do Toural:     18:30 à 20:30
  • LALÍN – Rúa Rosalía de Castro:         19:30 à 21:30
  • LUGO – Praza Maior:11:00 à 13:30
  • OURENSE – Rúa do Paseo (antiga Ibense):   18:00 à 20:00
  • PONTEVEDRA – Peregrina:   18:00 à 20:00
  • REDONDELA:  18:00 à 20:00
  • SILLEDA –:      18:00 à 20:00
  • VIGO – Rúa do Príncipe (Museo do Marco):            18:00 à 20:00
 
En relación ao anuncio oficial por parte da Xunta de Galicia no que se renuncia oficial e definitivamente á construción dunha nova incineradora para Galicia queremos manifestar o seguinte:
 
1º - A nosa satisfacción absoluta por tal feito; é un feito no que temos tido unha influencia probablemente decisiva e que reafirma que a vontade das persoas manifestada por medio de asociacións é “capital”.
 
2º - Que a Xunta desista da construción da SOGAMA DO SUR, mesmo incumprindo o seu propio Plan de Xestión de Residuos, e anuncie a ampliación das instalacións xa existentes en CERCEDA confirma a idea de que dende o Partido Popular SE INSISTE NO MODELO DE XESTIÓN DE RESIDUOS EXISTENTE e polo tanto o noso traballo só cumpriu ata agora o 50% dos nosos obxectivos.
 
3º - Dende a Comisión Promotora da ILP proseguiremos coa CAMPAÑA DE INFORMACIÓN Á CIDADANÍA E RECOLLIDA DE SINATURAS ata lograr o máximo de apoios posibles alén do número necesario de 15000 imprescindibles que se precisa. A próxima acción será a xa anunciada nesta nota.
 
4º - Na campaña de recompilación de información das propostas das principais forzas políticas que se presentan ás eleccións do 21-O a situación é a seguinte:
 
Tanto PSdeG – PSOE como BNG téñense manifestado explicitamente sobre este tema en apoio do espírito que defende a ILP PARA A APLICACIÓN EFECTIVA DOS TRES “Rs”, o BNG mediante a inclusión ao respecto dun apartado no seu programa electoral e o PSdeG – PSOE co compromiso asinado publicamente polo candidato “Pachi” Vázquez o día 22 en o Irixo nun acto público.
 
Por outra banda, estamos á espera de que o PP manifeste que é o que propón sobre a xestión dos residuos en Galicia: se aposta por un camiño igual ou semellante ao reflectido pola ILP ou insiste en manter un modelo esgotado, no que prime o interese económico por enriba da saúde das persoas e o medio ambiente, tal e como reflicte o modelo actual.
 
Foto: INDN

Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.