1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

240912 estacion-bus-fisterraGaliza - QPNC - Recibimos unha chamada o pasado xoves ben simbólica. A nosa loita polo servizo de transporte público da Costa da Morte continúa e hoxe facemos pública a queixa dunha veciña de Fisterra. Ana Lourido cóntanos como o seu fillo non puido ir varios días a tempo ao instituto de Cee porque ao condutor de Monbús non lle saíu a conta.


I é que segundo sinala, “se hai moitos peregrinos que volvan a Santiago, Monbús decide non parar en Cee e seguir dirección Santiago”. Así o sinala Ana, que denuncia que “prevalece o carto do peregrino que as necesidades dos veciños”.

Ana chamou á empresa e lle dixeron que saía un bus de reforzo de contado… ás 11:00h da mañá… “O meu fillo  chegaría con 3 horas de retraso ao instituto”… bromeaba Ana.

Un problema que non só atinxe aos alumnos fisterráns, senón que os traballadores que utilizan o transporte público tamén se ven claramente perxudicados. “Á xente que ten que entrar a traballar non lle queda outra que pagar un taxi por 12€”.

Seguimos cara atrás na loita por un servizo de transporte colectivo digno na Costa da Morte.

Foto: QPNC - Estaçom de autocarros de Fisterra


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.