1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

170912 cerimonia2007Galiza - Verdegaia - Os premios Semente-Cemento son galardóns outorgados pola base asociativa de Verdegaia para destacarmos as actuacións consideradas máis relevantes en relación ao medio ambiente, tanto no positivo como no negativo, que se teñan producido durante o ano na Galiza. Nas últimas edicións recibiron a nosa Semente diversos colectivos: o Foro Social de Cangas, a Plataforma Veciñal Cruceiro de Meá, o Grelo Verde, ou as veciñas e veciños de Coruxo. Caeu o Cemento sobre Brenntag Iberia, as consellerías de Industria e Medio Ambiente, Clara Millán (como alcaldesa de Cangas) e Gas Natural-Fenosa.


Este ano o Cemento derrámase sobre as empresas e institucións que se atopan detrás dos proxectos de fumigación dos nosos montes, vinculados ao pesticida Cascade e aos intereses da industria da pasta de papel. Verdegaia lamenta ter que obsequiar ás empresas e institucións ligadas ás fumigacións co premio Cemento á peor actuación ambiental. Entre as agraciadas están: Aspapel, ENCE, Xunta de Galicia, Mesa da Madeira, Subdirección Xeral de Recursos Forestais, Asociación Forestal de Galicia, PROMAFOZ, Ecología y Espacio s.l., Fitoaragón s.l., Estación Fitosanitaria do Areeiro e BASF. Ante a imposibilidade de premiar fisicamente tanta boa intención ambiental faremos entrega do galardón á Xunta de Galicia como representante político destes intereses empresariais, para que despois poida compartir con eles a boa nova deste recoñecemento.

A Semente é algo máis complexa, pois desta volta non quixemos sinalar a un único colectivo, senón a un concepto e en xeral ás persoas e colectivos que pulan porque ese concepto manteña o seu lugar na nosa terra. Este ano queremos premiar ás prácticas de soberanía alimentar, nomeadamente ás persoas que aínda conectan este concepto, proposto nos anos 90 pola Vía Campesiña, coa nosa propia raigame labrega. Porén, queremos tamén facer extensible o noso recoñecemento a moitas outras prácticas que loitan por manter vivo o noso rural, vivo e libre, vivo e respetuoso do seu pasado, vivo e con futuro.

Ante a imposibilidade de premiar todas as actuacións relacionadas coa soberanía alimentar, a nosa decisión foi escoller unha serie de persoas e colectivos que consideramos representativos dun modo de facer as cousas que debería ser un eixo básico para afrontarmos o verdadeiro reto da sostibilidade. O premio recae así en dúas mulleres labregas, Mª Carmen Pazos Rabuñal de Rois e Mª Dolores Lea Santiso, que simbolizan co seu traballo a conexión entre a nosa tradición e a práctica da soberanía alimentar e o papel central que a muller ten xogado dende sempre no coidado da terra e da nosa alimentación. Esta elección foi consensuada co Sindicato Labrego Galego, organización coa que Verdegaia colabora en numerosas iniciativas e que ten unha activa presenza dentro da Vía Campesiña.

Xunto a elas queremos recoñecer o papel doutras iniciativas cun carácter máis colectivo e que pulan, dende diferentes perspectivas e problemáticas, da soberanía alimentar: a Fundación Galiza Verde, referente na formación e difusión da agroecoloxía en Galiza; a Rede de Sementes, espazo de intercambio de saberes e dun legado fundamental para a biodiversidade asociada ao noso rural; a Cooperativa Rainha Lupa de Quilmas, que representa a loita por unha forma de entender a vida asociada ao respeto á terra, en contraposición a un modelo industrialista que case sempre é o único proposto polas administracións, posto en mans de grandes empresas; a Asociación Galega de Horticultura Urbana, xa que a soberanía alimentar non é só un concepto propio do rural, senón que debe ser transformador tamén nas vilas e non só dende o consumo, senón recuperando tamén unha simbiose que a duras penas aínda existe entre funcionalidades rurais e urbanas; e por último ás persoas que teñen posto en marcha a horta comunitaria do Barrio do Cura, en Vigo, pois ademais do anterior, representa o valor do traballo comunitario e da resistencia fronte a un proxecto urbanizador como o deseñado para esta zona do caso vello desa cidade.

Ademais e singularmente, nesta celebración queremos recoñecer cun premio Semente especial, moi emotivo para nós, o que foi e fixo pola defensa da natureza o noso compañeiro Xosé Reigosa, socio fundador de Salvemos Monteferro, falecido no pasado mes de febreiro. Alén de toda cuestión organizativa ou toda militancia, somos persoas, e unha persoa como Xosé merece de nós esta homenaxe co cariño que lle podemos brindar a xente que compartimos con el e cos seus moitas loitas e algo máis.

Foto: Ártabra21 - Celebraçom da entrega do prémio em 2007.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.