O megaproxecto a ceo aberto da mina de ouro de Corcoestoarrasará os ecosistemas de esta zona, ao empregar toneladas de cianuro e outros elementos químicos perigosos que poden danar gravemente a saúde da poboación e a biodiversidade, hipotecando para sempre o futuro da bisbarra.
Podedes atopar información detallada deste proxecto en concreto e dos perigos e consecuencias da minería a ceo aberto.
Plataformas veciñais e grupos ecoloxistas de toda Galicia xa están actuando. Ti tamén podes colaborar nesta loita.
Como podo axudar
(1) Firmando a petición da Plataforma en Defensa de Cabana de Bergantiños en change.org.
(2) Contacta co Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, móstralle a túa oposición ao plan de minaría a ceo aberto que ten deseñado para Galicia, e pídelle que deixe de apoiar ás multinacionais do sector (aquí).
(3) Escribe ao Concello de Cabana mostrando a túa repulsa ao proxecto da mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto:
-O seu enderezo postal é: Concello de Cabana de Bergantiños; A Carballa s/n; 15115 Cabana de Bergantiños; A Coruña
-O seu correo electrónico é: cabana@concello-cabana.es
(4) Se utilizas Twitter, podes poñerte en contacto directamente co alcalde de Cabana en @Josemuino, e ademais quedará constancia da túa queixa. Por favor sé firme no teu comentario, pero respectuoso. A actitude de José Muiño gústanos seguramente tan pouco como a ti, pero iso non dá dereito ó insulto.
(5) O máis importante, comparte a dirección www.salvemoscabana.blogspot.com con todos os teus amigos e familiares por todos os medios que che resulten posibles.