1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

010912 corcoestoGaliza - SOS Corcoesto - O proxecto mineiro de Corcoesto incumpre a Normativa Comunitaria e a Lexislación Española sobre xestión de residuos.


A Plataforma pola defensa de Corcoesto informa que o proxecto mineiro de Corcoesto incumpre a Directiva Comunitaria 2006/21/CE, sobre xestión dos residuos de industrias extractivas que foi incorporada ao Ordenamento Interno Español por medio do Real Decreto 975/2009 de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineiras.

O proxecto mineiro presentado por Edgewater fai unha incorrecta clasificación das instalacións de residuos mineiros establecendo inxustificadamente que non son de categoría A, incumprindo de cheo a citada normativa. Desde a Plataforma afírmase que con esta intencionada clasificación, a empresa trata de evitar o cumprimento dunha serie de requisitos moi estritos no que se refire aos aspectos relativos á política de prevención de accidentes graves que se debe aplicar na xestión dos residuos de extracción, evitar a instauración dun sistema de xestión de seguridade e a posta en práctica dun plan de emerxencia interior no que se especifiquen as medidas que se deben tomar no caso de que acontezan este tipo de
accidentes. Por outra banda, a Xunta de Galicia estaría obrigada a elaborar un plan de emerxencia exterior que debe ser comunicado, xunto con un protocolo de actuación, á poboación afectada no caso de que ocorran accidentes graves. A estes efectos, cabe recordar que o proxecto prevé empregar 1,5 toneladas diarias de cianuro, suficiente para envelenar letalmente cada día a case o triple (2,7 veces) da poboación de Galiza.

O proxecto mineiro de Corcoesto contempla tres instalacións de residuos mineiros: a escombreira mineira, a balsa de lodos de flotación e a balsa de lodos de lixiviados. De conformidade coa citada lexislación, cada unha delas debe ser obxecto dun proxecto propio, non entanto, a empresa mineira presentou un único plan de xestión de residuos para os tres, incumprindo ademais numerosos artigos relativos a aspectos técnicos das instalacións previstos na citada normativa.

Por último, o proxecto presentado carece das garantías financeiras ás que fai referencia tanto a Directiva Comunitaria como o Decreto 975/2009, nos artigos 41, 42 e 43, e tamén da garantía establecida pola lei 26/2007 de Responsabilidade Medioambiental e o Regulamento que desenvolve parcialmente esa lei, polo que desde a Plataforma advirten que de autorizarse o proxecto con estes incumprimentos da lexislación Comunitaria e española, pode denunciarse ante a Comisión Europea, organismo sancionador da Unión Europea.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.