1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

310812 pindoGaliza - Monte Pindo Parque Natural - A Asociación Monte Pindo Parque Natural informa de que acabamos de despregar preto do Pico Penafiel (Monte Pindo) unha pancarta xigante de 30 metros de longo co lema "Monte Pindo Parque Natural".


A tea, situado xusto na ladeira do Monte Pindo máis inmediata ao Mirador do Ézaro, recibirá a comitiva da Volta Ciclista a España, cuxa 12ª etapa conclúe nesta panorámica privilexiada sobre o Monte Pindo e o Cadoiro.

Con esta iniciativa, que levábamos un tempo a argallar, os veciños e amantes do Monte Pindo agardamos elevar a reivindicación a favor do Parque Natural non só entre o público asistente, senón mesmo irrumpir simultaneamente en millóns de fogares a través dos seus televisores aproveitando a ampla cobertura mediática do evento, e sensibilizar a todos os amantes do deporte na natureza de que só con medidas reais, ponderadas e serias podemos rescatar espazos naturais tan interesantes coma é o Monte Pindo do abandono e dos múltiples perigos que o ameazan de xeito permanente: o último, hai poucos meses, foi un incendio preto de onde hoxe remata a proba ciclista, e que afortunadamente non chegou a extenderse ao conxunto do monte, pois nesas condicións actuais remataría arrasado sen freo posíbel.

A reivindicación tamén terá proxección en varios puntos máis da durísima rampa que dará remate á proba.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.