1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

210812 vacaGaliza - SLG - Diante dos contactos mantidos estes días por algunhas empresas de leite como Iparlat, provedora de Mercadona, con produtores da Terra Cha, sobre a existencia dun compromiso da compañía distribuidora con esta empresa leiteira para subir no próximo pagamento do leite ás granxas 1,5 céntimos; o Sindicato Labrego Galego pídelle a Mercadona e ao resto da distribución, xunto coa industria que se comprometan con carácter urxente nun proceso de recuperación de prezo para o leite que se lles paga ás explotacións, e evite asía a ruína de miles de familias que en Galiza de xeito directo e indirecto viven do sector lácteo.


Para o sector produtor, é fundamental que Mercadona, que conta cunha cota de mercado no sector da alimentación a nivel estatal do 13,5% e máis de 1.383 supermercados, e o resto da distribución, se comprometan nun sistema que equilibre o reparto de beneficios na cadea de valor, así como en non utilizar o leite como produto reclamo, impoñéndolles aos produtores e produtoras de leite prezos moi inferiores aos custos de produción, como está a acontecer na actualidade.

Con prezos neste último mes de arredor de 27 céntimos por litro fronte a uns custos de produción superiores aos 37 céntimos, os gandeiros e gandeiras ven como a situación se está a volver insostible día a día, empeorando máis aínda as anteriores cifras de xuño e maio de 2012, cando percibiron 29,2 céntimos por litro, prezos que estaban un 5,5% por baixo do prezo medio estatal e un 15,61% por baixo do que perciben os produtores valencianos. O prezo percibido polas gandeiras e gandeiros galegos era un 5,48% inferior ao de Portugal, un 1,10% inferior ao de Francia, un 5,65% inferior ao de Alemaña e un 12,16% inferior ao de Holanda.

Isto é especialmente grave se temos en conta que entre abril e agosto a suba experimentada polos cereais que se empregan nos pensos é dun 21%, e no mes de xaneiro de 2012 o prezo da soia era de 441 dólares a tonelada, mentres que no mes de xullo xa era de 609 dólares. Isto súmase a unha dinámica de perda de poder adquisitivo continuo das explotacións que xa non dá máis de si. Dende o ano 2005, e antes desta última suba, os custos de explotación subiran un 29,6% (os alimentos para o gando subiran un 33,9%, os fertilizantes un 60,2%, os gastos enerxéticos un 50,4%) o que motivou unha caída da renda do 43%.

Dende o Sindicato Labrego Galego, pedímoslle á compañía que preside Juan Roig e ao resto do sector distribuidor que se comprometan, xunto coa industria, na recuperación urxente dos prezos do leite para as explotacións, nun compromiso que a nivel galego tamén o será cos máis de 66.000 empregos que de xeito directo e indirecto xiran arredor do sector leiteiro.

Foto: SLG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.