Este ano 2012 estamos a punto de superar os niveis máximos recomendados pola OMS segundo reflicten os datos da estatística oficial.
As emisións de CO2 de Vigo achéganse aos dous millóns de toneladas/ano segundo o informe da oficina do Valedor do cidadán/Universidade de Vigo.
As árbores urbanas contribúen decisivamente a mitigar esta contaminación, pero o Concello de Vigo leva anos talando sistemática e inxustificadamente o seu arboredo urbano.
Unha das xustificacións que o Alcalde de Vigo esgrime para lexitimar as devanditas talas é o pouco concreto nin cuantificado argumento de "os veciños pídenme que os corte".
Demostra ao Alcalde que non é certo, que non queremos que corte árbores.
Grazas pola túa sinatura (aquí)

