1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110812 corcoestoGaliza - PDC - A Plataforma pola defensa de Corcoesto informamos de que a Fiscalía de Medio Ambiente procedeu á apertura de dilixencias de investigación penal contra o proxecto de mina de ouro a ceo aberto que a empresa canadense Edgewater pretende desenvolver no Concello de Cabana de Bergantiños e que ocupará máis de 770 hectáreas de superficie arborada.


O proxecto mineiro desenvólvese nun espazo moi próximo ao río Anllóns que está declarado como Lugar de Interese Comunitario (LIC) e como Zona de Especial Protección de Aves (ZEPA) e que de levarse a cabo, esta zona especialmente protexida polas leis comunitarias, corre un alto risco de sufrir danos irreparables, con alteracións do sistema hidrolóxico que pode ter repercusións nefastas sobre os bancos marisqueiros da ría de Corme e Laxe.

No propio proxecto mineiro contémplase a desviación de 2.740 m da canle do río Lourido, o verquido ás concas fluviais de concentracións de metais pesados como o arsénico (0,077mg/l) ou o níquel (0,036mg/l) por enriba dos niveis máximos permitidos pola lexislación (respectivamente 0,05 mg/l e 0,02 mg/l), así como a xeración de dous millóns cen mil toneladas de residuos anuais que durante o período de explotación alcanzaría a cifra de 17 millóns de toneladas de residuos que quedarían na parroquia de Corcoesto para sempre, a escasos 200 m das vivendas máis próximas.

Outros datos do proxecto son o emprego de 1,49 toneladas diarias de cianuro (esta cantidade diaria podería envelenar case tres veces a poboación galega) e o consumo de máis de un millón cen mil litros diarios de auga para a extracción do ouro a través do proceso de lixiviación (equivalente ao consumo diario de 6.500 persoas, número moi superior á actual poboación cabanesa).

A magnitude do proxecto, a súa proximidade á Rede Natura e o emprego dunha tecnoloxía altamente contaminante determinou a incoación das dilixencias de investigación penal por un presunto delito contra os recursos naturais e o medio ambiente na zona coñecida como Grupo Mineiro de Corcoesto, situado nos concellos de Cabana de Bergantiños, Ponteceso e
Coristanco.

Foto: Mineral Digital


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.