O das portaxes é un dos exemplos de abuso máis sangrantes que existen, e como tal, o caso galego é a máis pura definición de infraestrutura xa sobradamente amortizada. O secuestro da AP-9 por parte da concesionaria Audasa e os incrementos nos prezos son os principais motivos que fan que se estea a reproducir (de momento pola rede) a iniciativa catalá aquí en Galiza. Anda a moverse xa unha interesantísima e esclarecedora guía xurídico-legal que sostén a viabilidade de unirse a este movemento. Polo seu interese, e por ser este das peaxes un asunto que me provoca especial xenreira, reproduzo a tradución ao galego da devandita guía (orixinalmente en catalán).
O texto orixinal está en: http://www.novullpagar.cat/p/guia-legal-no-ho-dubtis-no-paguis.html e adaptei certos aspectos ao noso país, por exemplo, suprimindo as referencias orixinais aos Mossos d’Esquadra ou á concesionaria Abertis.
GUÍA LEGAL: NON O DUBIDES, NON PAGUES
(Actualizada 05/24/12)
Queridos compatriotas, nós somos unha plataforma cidadá que promove e fai de altofalante á iniciativa, non somos ningunha asesoría xurídica.
Esta Información é grazas á Asesoría Xurídica de Proupetages e catalunyadiuprou.cat.
(Sobre os 100€ e a denuncia pode consultar esta ligazón: http://www.novullpagar.cat/2012/04/els-advocats-responen-no-ponden-multar.html)
Só tes que identificarche ante un axente da autoridade que cho requira, por tanto se os traballadores da autoestrada che piden o DNI, négallo. Tes dereito a NON identificarte ante o persoal de Audasa.
1 – Cando digas “Non Quero Pagar” e te negues a pagar unha peaxe, o persoal de Audasa só pode anotar a matrícula do vehículo, que non ten ningún efecto, a continuación, abrirche a barreira para deixarte ir. Dá igual se o sinal luminoso da concesionaria está en verde ou vermello. Este sinal luminoso non é un semáforo e só indica se se pagou a peaxe ou non, e non está regulado polo Regulamento de circulación. Non che poden pór ningunha multa por non pagar, tanto se pasas o sinal luminoso en verde como en vermello .
2 – A Garda Civil de Tráfico NON considera infracción negarte a pagar unha peaxe, non te poden multar porque esta acción NON está contemplada no Regulamento Xeral de Circulación como infracción.
3 – Os empregados da autoestrada que tenten reterte ou bloquearche a barreira están a cometer un delito penal de detención ilegal castigado con multa de 3 a 6 seis meses segundo o artigo 163.4 do Código penal español se llo comunicamos á autoridade pública. No caso de que te reteñan para coaccionarte e facerche a pagar sen presenza policial están a cometer dous delitos penais: coaccións (castigado coa pena de prisión de 6 meses a 3 anos ou de multa de 12 a 24 meses segundo o artigo 172.1 do Código Penal español) e detención ilegal (castigado coa pena de 4 a 6 anos de prisión segundo o artigo 163.1 do Código Penal español).
4 – Se te atopas nesta situación chama inmediatamente ao 112 e comunica a situación para que as forzas da orde te asistan e procedan a identificar ao empregado da autoestrada que cometeu estes delitos na túa contra para poder denuncialo.
5 – A Concesionaria só che poderá reclamar o pago da débeda/peaxe vía notificación se ti te identificaches co DNI, pero nunca por vía penal, porque non hai delito. O máis probable, con todo, é que nunca che reclamen nada, porque non pódenche identificar e porque lles sae máis caro reclamar que o prezo da peaxe.
As peaxes son zonas habilitadas para parar o coche, iso quere dicir que se non che deixan ou non podes pasar a responsabilidade non é túa. Non é nin unha parada, nin un estacionamento, é unha detención.
As autoestradas son bens de dominio público e de uso público pero cunhas restricións temporais deste uso público reguladas mediante unha concesión administrativa para a súa construción e explotación a unha empresa privada (non queda claro se se pode gravar). Se gravas, non graves a voz. Sempre tes que dicir que estás a gravar (segundo a lei de protección de datos).
Os traballadores non teñen a culpa de nada, sede respectuosos!
Hai que denunciar a actitude pasiva da Garda Civil, non poden ser cómplices da empresa, se o fan hai que denuncialos tamén a eles por omisión do deber.
Preguntas e respostas:
1 – Podes pasar co semáforo vermello?
O semáforo non ten que estar en verde. Non é un semáforo tal e como se define no código de circulación.
2 – Para unha sanción administrativa entras na lista de morosos?
Se teñen os teus datos pediranche que pagues por vía administrativa. Se non pagas, o seguinte paso é pedilo por vía civil. Neste caso, se non pagaras, entón si que che poderían pór na lista de morosos.
3 – Até cantas veces podes pasar? Cada vez que pasas pódente denunciar?
Podes pasar tantas veces como queiras. Pór unha demanda vía civil costa entre 150 € e 200 €, para reclamar pequenas cantidades non lles paga a pena, en cambio se a débeda é importante o máis probable é que poñan en marcha o proceso de reclamación. Aínda así, reclamaríannos o importe que teriamos que pagar se pagaramos a peaxe, en ningún caso nos reclamarían máis.
4 – Poden facer unha denuncia conxunta con todos os que pasamos dicindo #nonvoupagar? E se é así, que consecuencias pode ter?
Non poden facelo, as demandas deben pórse ao domicilio do demandado.
Fonte: Asesoramento de Proupeatges.cat
Artigos do código penal aos que nos referimos.
Artigo 163 do Código Penal.
1. O particular que peche ou deteña a outro e privándoo da súa liberdade será castigado coa pena de prisión de catro a seis anos.
2. Se o culpable dá liberdade ao encerrado ou detido dentro dos tres primeiros días da súa detención, sen lograr o obxecto que se propuxo, imporase a pena inferior en grao.
3. Imporase a pena de prisión de cinco a oito anos se o peche ou a detención durou máis de quince días.
4. O particular que, salvo nos casos permitidos polas leis, capture unha persoa para presentala inmediatamente á autoridade, será castigado coa pena de multa de tres a seis meses.
Artigo 172.1 do Código Penal.
O que, sen estar lexitimamente autorizado, impida a outro con violencia facer o que a lei non prohibe, ou o compela a facer o que non quere, sexa xusto ou inxusto, será castigado coa pena de prisión de seis meses a tres anos ou con multa de 12 a 24 meses, segundo a gravidade da coacción ou dos medios empregados.
Cando a coacción exercida tivese como obxecto impedir o exercicio dun dereito fundamental imporánselle as penas na súa metade superior, salvo que o feito tivese sinalada maior pena noutro precepto deste Código.
Tamén se imporán as penas na súa metade superior cando a coacción exercida tivese por obxecto impedir o lexítimo goce da vivenda.

