1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280712 LOFAXGaliza - CIG - Seguen abrindo a porta de atrás: integración do persoal da Fundación Galicia Emigración e Fundación Axencia Humanitaria de Galicia.


Desde a CIG, a única central sindical que se opuxo á LOFAXGA e ao decreto de integración, xa advertimos que estas normas pretendían deixar aberta unha porta de atrás especialmente nos casos dos entes que máis distantes están do Dereito Administrativo ou que se rexen polo Dereito privado: as fundacións e as empresas públicas.

Decreto de Integración, despois de ser considerado polo Consello Consultivo “contrario ao ordenamento xurídico” establecía a posibilidade de que cumprindo coa laxa Lei 10/1996, do 5 de novembro que simplemente invocaba os principios de acceso a eses entes, ou coa normativa anterior (inexistente) e tendo unha relación laboral fixa con ese ente, se estaba en condicións de integrarse na Administración Pública.

Pero agora, nun acto de prepotencia, nos presentan unha ordes de integración do persoal da fundación Galicia Emigración e da fundación Axencia Humanitaria de Galicia que nin sequera plasman o establecido nas súas propias normas. Para poder acceder á condición de empregado público (neste caso de persoal laboral fixo da Xunta), basta con ser persoal laboral fixo dunha desas fundacións, e sobra o ter feito un proceso selectivo co requisito de publicidade e por suposto de igualdade, mérito e capacidade.

E a maiores negan a posibilidade de que a parte social, por medio dunha comisión, poida comprobar que quen accede á Administración o faga acreditando que se cumpren os requisitos do decreto de integración, xa postos na picota polo máximo órgano consultivo da Comunidade.

E mentres tanto os empregados públicos/as teremos que pasar polo xugo de anos sen procesos selectivospromocións internas ou concursos de traslados, con amortización de postos de traballosen chamamentos de persoal termporal ou interino para a cobertura dos postos vacantes, ao albur de decisións políticas que plasmen a idea do FAES de reducir a Administración. Todo isto mentres a Administración da Xunta segue medrando con asesores, persoal de gabinete e unha porta de atrás aberta.

Foto: EGdAP - Jornadas da Junta sobre a LOFAXGA


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.