1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120712 pe campopequeno 620x220Galiza - SLG - O Sindicato Labrego Galego iniciará esta semana unha campaña informativa en Suevos (A Baña) sobre o impacto que terá nesta parroquia o parque eólico de Campo Pequeno. Neste momento, están en exposición pública a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, a aprobación do proxecto de execución e o estudio de impacto ambiental deste proxecto enerxético. A declaración de utilidade pública implica a posibilidade de expropiación dun total de 392 parcelas afectadas.


En opinión de Lara Barros, coordinadora do Sindicato Labrego Galego na bisbarra compostelá, "a información que se está ofrecendo ás persoas afectadas dende a empresa interesada é escasa, parcial e tardía, diminuíndo a súa capacidade de resposta e negociación, polo que é imprescindible que a xente obteña toda a información que sexa posible".

No marco desta campaña informativa, o Sindicato Labrego Galego convocou á veciñanza afectada polo parque eólico de Campo Pequeno a unha xuntanza informativa que terá lugar no local social de Suevos mañá, venres 13 de xullo, ás 20:30 horas. Na xuntanza, ademais de representantes do SLG na comarca, participará Damián Copena, do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía (GIEEA) da Universidade  de Vigo, e autor da Guía para os propietarios de terreos eólicos.

Foto: AIN Active - Visualizaçom virtual do Parque Eólico de Campo Pequeno.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.