O Diário Liberdade utiliza cookies para o melhor funcionamento do portal.

O uso deste site implica a aceitaçom do uso das ditas cookies. Podes obter mais informaçom aqui

Aceitar
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

120712 antenasGaliza - APDR - A APDR chama ao Concello de Pontevedra e aos concellos da bisbarra e galegos en xeral a desmontar aquelas antenas de telefonía móbil implantadas ilegalmente e a aplicar a xurisprudencia que se da a nivel estatal coa recente sentenza de xuño de 2012 da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Supremo contra o Plan Xeral do Concello de Valladolid por adoecer de avaliación ambiental das infraestruturas de telecomunicacións (antenas) incumprindo a normativa estatal e europea. Esta sentenza recoñece no seus fundamentos de dereito 2º e 5º os riscos para a saúde humana e os efectos significativos sobre el medio ambiente que entrañan este tipos de infraestruturas.


Esta xurisprudencia avala as numerosas recomendacións feitas polo Valedor do Pobo aos concellos (Pontevedra -Q/1907/08-, Coles -Q/55/11-, Monforte de Lemos -Q/588/11-, Salceda de Caselas -Q/1431/11-, Santiago -Q/106/01-, Moraña -Q/920/2008-, Culleredo -Q/576/08-, Monforte -Q/104/10-, Mos -Q/912/10-, Salceda -Q/2007/08-, ...) de cumprir coa obriga de tramitar a Licenza de Actividade Clasificada neste tipo de instalacións por ser unha actividade PERIGOSA recollida no artigo 13 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e por tanto sometida a Avaliación Ambiental segundo o artigo 2.2 do Decreto autonómico 133/2008, de 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.
En marzo de este ano o propio Valedor do Pobo na entrega no Parlamento galego do seu informe ordinario do 2011 (páx.: 127) recoñece que este incumprimento parte da propia Xunta de Galicia cando a propia Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas non require este control preventivo, control que a citada sentenza do Tribunal Supremo considera obrigatorio.

A APDR chama as distintas administracións a nivel local, autonómico e estatal a asumir as recomendacións que fai o Consello de Europa (Resolución 1815 de maio de 2011 segundo proxecto 12608) aos estados membros de aplicar o principio de precaución ante a contaminación electromagnética (reducir os límites de emisión, distancia de seguridade das liñas de alta tensión, advertir e educar sobre o uso precoz e indiscriminado do móbil na infancia e mocidade, primar o cable sobre o Wi-Fi nas aulas, dotar de zonas brancas para as persoas electrosensíbeis, ...) xa que "Esperar ... poder provocar uns custos sanitarios e económicos moi elevados, como foi o caso no pasado co amianto, a gasolina con chumbo e o tabaco".

Foto: Terapia del Canguro


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Este conteúdo foi bloqueado. Você não pode postar qualquer comentário.

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.