1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220512 assinaturasscontrafumigacomGaliza - SLG - A veciñanza do lugar de Painceira, parroquia de Barqueira, no coruñés concello de Cerdido, está indignada ao ser sulfatadas as súas fincas agrarias como efecto colateral das fumigacións con canóns en plantíos de eucaliptos lindeiros. As condicións meteorolóxicas de hoxe, con vento intenso, fixeron que os pesticidas se esparexesen por prados nos que se cultiva herba que está a piques de ser recollida e por leiras de patacas. O máis grave é que este pesticida altamente tóxico puido chegar até as casas habitadas da zona.


Aínda que non o puidemos confirmar, o máis probable é que estas fumigacións, que en Cerdido están a ser feitas por unha empresa portuguesa, se inclúan dentro da campaña de erradicación do gorgullo do eucalipto co insecticida Cascade, que ten por principio activo o Flufenoxuron, e cuxa comercialización será prohibida o 1 de agosto en toda a Unión Europea pola súa perigosidade. O Flufenoxuron está considerado como altamente tóxico para as persoas, a fauna (especialmente as abellas) e o medio ambiente (especialmente os cursos de auga), razóns polas que non poderá ser empregado máis alá do 31 de decembro. A pesar disto, a Xunta e a Asociación Española de Fabricantes de Pasta, Papel e Cartón (ASPAPEL) pretenden levar a cabo unha campaña de fumigacións aéreas con este produto, que recoñece, na súa propia ficha técnica, ser tóxico para as larvas das abellas, co que iso supón, non so para as colmeas, senón para a agricultura e a natureza en xeral, polo papel fundamental destes insectos nos procesos de polinización.

Dende o Sindicato Labrego Galego esiximos, tanto á Xunta como aos concellos afectados, que ordenen o cese inmediato de toda esta campaña de fumigacións que, como no caso de Painceira, está a afectar de xeito directo non só ao medio ambiente polo impacto tóxico do Flufenoxuron, senón que tamén se están vendo seriamente afectadas as actividades agrogandeiras da zona e mesmo as persoas que viven nas inmediacións.

Foto: SLG - Entrega de assinaturas contra as fumigaçons, no passado mês de maio.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.