1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

110612 Fumigadores-de-Floresta-polos-bosques-de-MazaricosGaliza - QPNC - Víñase especulando nas últimas semanas que as fumigacións contra o gorgullo do eucaliptoestaban remitindo ante as protestas sociais. Pero a aparición dunhas furgonetas da empresa portuguesa Floresta (bosque en portugués) dan conta de que as "fumigacións están a comezar dunha maneira máis discreta ca prevista inicialmente dos helicópteros".


Así o asegura a Plataforma contras as Fumigacións, xa formada por 25 entidades sociais e medioambientalistas, tras recibir unha foto que lle enviabamos dende QPC gracias á colaboración do colaborador Quique Portela.

Se ben sinalan que Mazaricos non é un dos concellos que aparecen nos plans de fumigación que foron filtrados, si que podemos comprobar no Mapa que baralla Adega sobre as fumigacións planificacións en Galicia, que a nosa zona sería unha das máis afectadas.

Este asunto coincide coa manifestación celebrada esta pasada fin de semana na que varios centos de persoas amosroan en Compostela o seu rexeitamento ás fumigacións con Flufenoxuron. Convocados pola propia "Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas" pediron unha Galiza sen pesticidas.

As protestas incidiron que as fmuigacións están sendo "cun pesticida que será prohibido este ano en toda a Unión Europea: o Cascade (Basf) que ten por principio activo o flufenoxuron. Este pesticida está catalogado como daniño pola Unión Europea e a súa venda estará prohibida a partir do 1 de agosto pola súa alta toxicidade sobre as persoas, a fauna (especialmente as abellas) e o medio ambiente, razóns polas que non poderá ser empregado máis alá do 31 de decembro".

A afectación á abellas é outro dos puntos que máis resaltan os manifestantes.

Foto: Fumigadores de Floresta por Maçaricos - Foto de Quique Portela


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.