1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

220512 assinaturasscontrafumigacomGaliza - SLG - A Plataforma contra as Fumigacións-Por unha Galiza sen pesticidas, achegouse hoxe, 21de maio, até o rexistro central da Xunta de Galicia para facer entrega de 86.421 sinaturas en contra dos tratamentos aéreos con Flufenoxuron para combater a praga do gorgullo do eucalipto. Estes apoios contra as fumigacións colleitáronse grazas a unha campaña desenvolvida en Internet, durante as últimas semanas, no portal charge.org baixo a denominación "Salvemos as abellas de Galicia".


Ademais de rexistrar a relación de asinantes e o texto que estes e estas apoiaron (pódese consultar no enlace web devandito), a Plataforma contra as Fumigación fíxolle entrega a través do rexistro á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, dunha cesta con produtos da terra -hortalizas, froitas e mel- que están seriamente ameazados se, finalmente, se fan estas fumigacións aéreas e se exterminan as abellas, que amais de produtoras de mel son un axente polinizador indispensable para moitos cultivos hortofrutícolas.

Foto: SLG


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.