1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

carril-biciGaliza - FPG - O pasado 15 de Marzo, ás 20:30, un veciño circulaba en bicicleta polo carril-bus da rúa Lopez Mora, en direción cara o centro da cidade, cando os axentes municipais nº 440 e 429, da patrulla C-4, o pararon, o obligaron a identificarse e tras telo retido durante uns 25 minutos, tramitáronlle unha multa de 200 €, considerando como infracción grave "circular en bici por un carril reservado a Bus/Taxi".


O pasado 15 de Marzo, ás 20:30, un veciño circulaba en bicicleta polo carril-bus da rúa Lopez Mora, en direción cara o centro da cidade, cando os axentes municipais nº 440 e 429, da patrulla C-4, o pararon, o obligaron a identificarse e tras telo retido durante uns 25 minutos, tramitáronlle unha multa de 200 €, considerando como infracción grave "circular en bici por un carril reservado a Bus/Taxi".

A Frente Popular Galega e os colectivos Bouzas-móvete, Luita Verde, Salvemos Monteferro, Verdegaia, C.S. A Revolta e C.E. Maúxo consideramos esta sanción como un abuso e un ataque ao uso da bicicleta na cidade, xa que neste concello non se promociona nen se facilita o uso da bicicleta senon que se penaliza, aínda que esta sanción sexa debida a un exceso irracional de celo por parte dos axentes que a tramitaron ou a un desproporcionado afán recadatorio por parte do concello de Vigo.

Carece de toda lóxica penalizar a circulación en bici polo carril bus de Lopez Mora, pois non existe ningún outro carril direción centro, obligando ás bicis a circular pola rúa Camelias, con moito desnivel e ateigada de tráfico. Lopez Mora é a ruta máis doada para que a veciñanza dos barrios de Coia, Travesas, Alcabre, Coruxo, Samil e Bouzas poida desprazarse en bicicleta cara o centro da cidade, xa que é a prolongación natural da Avenida Castelao, pola mesma curva de nivel, sen costas e cun carril bus polo que se podería transitar, xa que non perxudica a circulación dos buses, que van deténdose en todas as paradas. Moito máis entorpecen os taxis cando paran para subir ou baixar pasaxeir@s e non se lles prohíbe o uso dese carril.

En outras cidades do país como A Coruña, ou do estado como Valencia, Málaga ou Granada, permítese a circulación das bicis polo carril bus onde non existen infraestructuras segregadas.

Na "Ordenanza Xeral de Circulación do concello de Vigo", non se fai mención algunha sobre como deben circular as bicicletas, asemella que só se considera como vehículo á hora das sancións. O Concello de Vigo non entede que por cada bicicleta circulando pola vía pública hai un coche menos contaminando e producindo ruído. A bicicleta é un medio de transporte ecolóxico, eficiente, saludabel, silencioso e barato, non contamina, non gasta combustibeis fósiles, non contribue a potenciar o cambio climático,non colapsa o tráfico, non provoca siniestralidade, non precisa de grandes superficies para aparcar, aporta autonomía á cidadanía, fomenta a actividade física, tranquiliza as rúas, proporciona o encontro das persoas, disminue o gasto individual e familiar en desplazamentos, non provoca contaminación paisaxística nin lumínica, humaniza as cidades e proporciona ben estar físico, mental e social. O uso da bicicleta trae beneficios tanto para o usuario como para o resto da comunidade. Ademáis por cidade é un medio de transporte máis rápido que o automóvil, calculando o tempo porta a porta. A bicicleta está ligada ao concepto de Cidade máis Humana onde a seguranza, a sociabilidade, a accesibilidade, a solidaridade e o benestar das persoas ten prioridade sobre o fluxo de veículos a motor.

Informamos ao Sr. Alcalde, presidente ata o pasado mes, da "Rede Española de Cidades polo Clima" que na implantación de acións encamiñadas á redución de gases de efecto invernadoiro, a promoción do uso da bicicleta é muito más económica (€/Tn CO2) que calquera outra medida de eficiencia enerxética.

Por todo isto solicitamos ao concello de Vigo que non penalice o uso da bicicleta pola cidade, que anule esta multa (expediente 128624825) e todas as que se puideron tramitar polas mesmas causas e que promocione e facilite o uso da bicicleta, mediante construción de infraestruturas como carrís bici, carrís compartidos bus-bici-taxi ou incluso carrís con prioridade de bicicletas e que tome medidas que permitan unha circulación máis tranquila, máis segura e máis atractiva para toda a cidadanía.

Estamos convencid@s que a bicicleta debe ser, xunto ao transporte público, o eixo fundamental de calquera política de mobilidade sostíbel.

A bicicleta é básica para o equilibrio social e ambiental, abrindo posibilidades para un futuro digno e sustentável para todas e todos.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.