1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

120426 sogamaGaliza - Sermos Galiza - Dúas sentenzas ditadas a raíz do despedimento improcedente de dous traballadores no 2009 apuntan directamente á empresa pública como responsábel da manipulación e ocultación dos datos reais das analíticas. Adega porá estes feitos en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente para exixir responsabilidades por un ''atentado ecolóxico'' que se prolongou entre 2003 e 2008


A Sociedade Galega do Medio Ambiente --SOGAMA-- manipulou e ocultou durante cinco anos e de maneira deliberada os informes correspondentes aos niveis de contaminación provocada polo vertedoiro da Areosa. Así o sinalan dúas sentenzas emitidas no ano 2009 polo TSXG --Tribunal Superior de Xustiza de Galiza--, a cuxa Sala do Social foron derivados daquela os recursos de dous traballadores despedidos pola empresa pública ao acusalos directamente de falsificar esas análises.

Nesta liña, o Superior galego resolveu que tales despedimentos --do xefe de área técnica e do responsábel de Calidade e Medio Ambiente-- eran improcedentes, obrigando á súa readmisión ou indemnización. Porén, na relación de feitos probados recoñece que, efectivamente, os datos estaban manipulados. Adega porá a situación en coñecemento da Fiscalía de Medio Ambiente exixindo responsabilidades por "un atentado ecolóxico continuado perpetrado entre 2003 e 2008".

3.000 troitas mortas pola contaminación
O acontecido remóntase a xaneiro do 2009, cando os dous responsábeis de Sogama recibiron sendas cartas de despedimento por ocultaren a continuada contaminación que estaba a provocar o vertedoiro que a sociedade xestiona desde 1995 na Areosa, en Cerceda, onde se almacenan miles de toneladas de residuos. A empresa pública cúlpaos de non lle notificar á dirección e á Xunta --á Consellería de Medio Ambiente e a Augas de Galiza-- os informes sobre o estado do vertedoiro, cando nos resultados se situaban "fóra dos lindes legais", segundo recollen as sentenzas do TSXG en relación con este conflito laboral.

Alén disto, Sogama aseguraba tamén que os dous directivos falsificaban as analíticas que realizaba, desde o 2003, unha compañía externa, Applus, e que se falseaban tamén os resultados das sucesivas probas realizadas até que os datos fosen conformes aos parámetros de verteduras autorizadas. O ente público dixo que procedera ao despedimento dos dous traballadores tan pronto tivo coñecemento destas "graves irregularidades", tras a investigación interna aberta a raíz da denuncia da Fiscalía que instruíu o Xulgado número 1 da Coruña polo vertido contaminante que matou 3.000 troitas no río Langüelle, afluente do Tambre --que abastece de auga potábel ás veciñas e veciños de Compostela--.

A dirección de Sogama estaba informada
Tras o recurso presentado polos directivos, o Superior galego recoñece a improcedencia dos despedimentos, mais dá por probado que o xefe da área técnica de Sogama presentou no 2008 unha demanda escrita perante a Consellería de Economía e Facenda da Xunta --daquela rexentada polo socialista José Ramón Fernández Antonio-- "na que se referían diversas irregularidades no funcionamento da empresa e relacionadas coa conservación do medio ambiente--; así coma que da declaración prestada por este traballador ante o Seprona en relación coa morte das troitas no Langüelle "poderían seguirse argumentos para implicar en actividades ilícitas ás persoas responsábeis da xestión da entidade demandada".

Sinala o TSXG, finalmente, que a manipulación e ocultación dos informes foi feita de xeito deliberado, pois o traballador "si que puxo en coñecemento dos seus superiores diversas irregularidades que revestían de serio perigo". Tras darlle lectura aos dous fallos, Adega pedirá ante a Fiscalía do Medio Ambiente que se investigue se tamén foron "retocados" os datos referidos ás emisións contaminantes. Sobre a xestión do vertedoiro da Areosa desde 1998 --ano de creación de Sogama-- até o 2003 non existen datos. A propia empresa dixo que tal información "non obra en poder da entidade". Cabe lembrar que un vertedoiro semellante ao da Areosa e que será un dos máis grandes da Galiza, a incineradora do Irixo, ficará situado xusto por riba da zona de influencia dos ríos que atravesan os lugares da Pedriña e Valduide.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.