1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260412 eucaliptGaliza - SLG - Representantes das organizacións que integran a Plataforma contra as Fumigacións, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, acudiron hoxe, 24 de abril, aos xulgados de Compostela para denunciar ante a fiscalía de medio ambiente as fumigacións aéreas na Galiza cun pesticida altamente tóxico (Flufenoxuron), que se pretende utilizar contra a praga do gorgullo do eucalipto e que será prohibido en toda a Unión Europea a partir do 1 de agosto de 2012.


Tal e como se recolle no escrito de denuncia presentado, en Galicia poden estar afectados polo gorgullo en torno á 100.000 hectáreas de eucaliptais (¼ parte da existente). Isto implicaría utilizar unha disolución, como mínimo, duns 50.000 litros de Flufenoxuron e auga. A alta toxicidade do Flufenoxuron "fai conveniente a paralización da actividade que se denuncia, polo risco e afección que comporta, tendo presentes os principios de prevención e precaución que deben guiar as actuacións en materia medioambiental".

Con esta acción, a Plataforma contra as Fumigacións inicia unha campaña para informar á cidadanía do atentado contra o medio ambiente que van perpetrar algunhas madeireiras coa complicidade da Consellaría de Medio Rural e de concellos como o de Melide. Precisamente, neste municipio coruñés a Plataforma contra as Fumigacións realizará unha marcha de denuncia o vindeiro domingo, 29 de abril, para tentar que a cidadanía melidense reaccione contra o seu inminente envelenamento e o do entorno.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.