1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

250410_carvalho.jpgFeijoo mente - Hoxe saíu publicada no DOG a Resolución de 8 de marzo do Director Xeral de Patrimonio Cultural pola que se acorda a non declaración de BIC de Ferrol Vello, na categoría de conxunto histórico.


Merece a pena denunciar, máis unha vez, a hipocrisía sen límite que nos goberna, e a peculiar versión do populismo neoliberal que pretende aplicar José Manuel Rey Pichel na Dirección Xeral de Patrimonio (versión que pudémos escoitar da súa voz na primeira comparecencia pública que fixo o pasado venres para falar da protección dos camiños de Santiago). O director xeral enunciou así o seu criterio político: "se debe proteger el patrimonio SIN IMPOSICIONES". Así, en español y con dos cojoncios, o Director Xeral confesou abertamente que o que pretende é "laisser faire, laisser passer". O de sempre.

Os argumentos que da a Resolución comentada para arquivar o expediente son claros: non constan no expediente os informes favorables de, como mínimo, dúas institucións asesoras.

O gran problema, no entanto, é que esa afirmación é pura e simplemente falsa. Volvemos a constatar o descaro co que este goberno incorpora mentiras ao DOG sen ningún tipo de pudor.

Como recollen os propios fundamentos da resolución, os informes das institucións asesoras foron os seguintes:

a) o da Universidade da Coruña, rendido pola Xunta de Facultade da Facultade de Humanidades o 28 de febreiro de 2008, é claramente favorábel. Da Xunta de Facultade é membro Ramón Yzquierdo Perrín.

b) O da Real Academia Galega de Belas Artes - na que, por certo, se integra como membro numerario Ramón Yzquierdo Perrín - é desfavorable, por entender que o bairro está tan deteriorado que hai que acometer unha reforma interior total.

c) O Consello da Cultura Galega, pola súa parte, encargou tres informes: un a Iago Seara Morales, ex director xeral de patrimonio nos anos 1990-1993 co Partido Popular; outro, de novo, a Ramón Yzquierdo Perrín, que aparece até na sopa neste expediente; e outro a Alfredo Vigo Trasancos. Os tres informes chegan a conclusións distintas: Alfredo Vigo está a favor da declaración, Ramón Yzquierdo non, e Iago Seara sí, ainda que discrepa coa delimitación do BIC. O 18 de xuño de 2009, o xerente do Consello da Cultura remite á Dirección Xeral apenas o informe de Iago Seara, esquecendo os outros dous. E nese informe, Iago Seara afirma: "o asinante emite informe favorable sobre a proposta do expediente de declaración ben de interese cultural para o Ferrol Vello, facendo a excepción de que debe ampliarse a área de influencia desa declaración e do seu contorno nos termos que se expresan nas liñas anteriores".

Cantos informes favorábeis hai, preguntarase o amábel leitor? Calquer persoa con dous dedos de frente concluiría que dous: o da Universidade e o do Consello da Cultura Galega. Os necesarios para continuar a tramitación como BIC.

Pois ben: esa evidencia non existe para o Director Xeral de Patrimonio Cultural: "pódese considerar que a única institución que emite informe favorable á proposta de declaración de ben de interese cultural formulada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural é a Universidade da Coruña".

O carácter FAVORÁBEL da opinión de Iago Seara é ocultado co patético recurso ás súas propostas sobre a delimitación, tema distinto e sempre polémico que en nada elimina a opinión expresamente favorábel de Iago Seara á declaración de Ferrol Vello como BIC.

En definitiva: que, como dirían os profesores de dereito administrativo, esta Resolución é anulable por carecer manifestamente dunha motivación congruente cos feitos determinantes, e desde aquí anunciamos a nosa intención de presentar un recurso de alzada contra tamaño dislate, que deixa Ferrol Vello nas mans das retroexcavadoras das promotoras privadas.
 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.