O coche e esa posición de poder que proporciona, faise intolerante e algo abusivo, como tamén a xente que quere limitar o noso dereito a ir vestid@s como gustemos, ou a ir non vestid@s. Por iso e moito máis, faremos un percorrido festivo e alegre polas rúas da cidade da Coruña; un paseo de tolerancia e integridade.
Propomos un modelo de cidade onde as persoas recuperen o seu espazo, onde se reduzan as necesidades de desprazamento e se aposte polo peón (que somos tod@s) e polos medios de transporte menos contaminantes e máis eficaces.
Despois do grande éxito das edicións anteriores, achegándose até 40 ciclonudistas a pasear espid@s polas rúas da Coruña, a ciclonudista chega de novo. O percorido comezará na Praza María Pita, e iremos vestid@s até que nun punto do percorrido: fóra a roupa e arriba as bicis!


