1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

programacion maratonGaliza - Irmandade TV - Darán comezo coa retransmisión dun Maratón polo Galego de 12h a través da nova canle de TDT, Nós TV, e na radio en parcería con Radiofusión.


Este venres, Irmandade TV, a través da canle Nós TV, e Radiofusión organizarán conxuntamente un programa de televisión e radio de xeito simultáneo.

Vai ser un Maratón polo Galego de doce horas, de 11 da mañá a 11 da noite: entrevistas, debates e análises sobre diversos aspectos da vida social, política, económica ou cultural e a súa relación co noso idioma. Será unha xornada onde a protagonista será a lingua galega e os seus falantes. Debaterán sobre o seu futuro con expertos e xentes do común, adolescentes, xóvenes e todos os sectores implicados no seu desenvolvemento.

O espazo será presentado por Aurélio Lopes, director de Irmandade TV; e Sara Torreiro, directora dos espazos informativos producidos por Irmandade TV. Participan como patrocinadores quince concellos galegos, a Universidade de Vigo e a de Santiago, a Deputación de Lugo e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Entrevistas, humor, música e reportaxes mistúranse para configurar un programa áxil e ameno. Oitenta e cinco lingüistas, filólogos, profesores, sociólogos, escritores, xornalistas, xentes do teatro e da cultura e rapaces e rapazas pasarán polo programa, que supoñerá un fito na historia da radio e da televisión en Galiza. Pretende reflectir toda a pluralidade existente na nosa comunidade arredor da lingua.

O programa realizarase en directo desde os estudos de Irmandade TV en Área Central (Santiago de Compostela) e poderá ser seguido a través da canle de TDT, Nós TV, nas Comarcas de Compostela, Deza e Tabeirós e a través da web www.irmandade.tv e tamén en Radiofusión, rede de radios locais de Galicia con dezaseis emisoras asociadas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.