1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

130415 tvgGaliza - Praça - As denuncias por manipulación na TVG seguen chegando. Desde dentro, e a través do blog elaborado polo comité de empresa, traballadores da canle pública analizan o tratamento informativo dunha morea de noticias nos informativos da televisión autonómica. Decidíronse a facer a bitácora porque, tal e como denunciaron en Praza os representantes do cadro de persoal, "a manipulacion e a represión aumentaron a raíz dos últmos casos de corrupción".


Agora van máis aló e denuncian os métodos empregados para a "manipulación" na canle pública. "Hai moitas maneiras de facelo", din a Praza fontes do comité de empresa, que engaden máis datos á denuncia das fórmulas que seica se empregan na TVG para controlar de que maneira se tratan (ou se omiten) determinadas informacións. Case todas elas, cuestións polémicas relacionadas ao partido que goberna na Xunta e no Goberno central.

"A manipulación nun Telexornal, por exemplo, ten un mecanismo moi sinxelo", explica o comité no blog. "Directores e editores escollen as noticias que se van dar e, despois de encargárllelas aos xornalistas, indícanlles nos casos conflitivos o que teñen que destacar", engaden. Fontes do comité de empresa poñen exemplos recentes. "Podes elixir que se informe da manifestación contraria á mina de Corcoesto, que non se dea nada ou que en lugar de dedicarlle o tempo normal, se reduza a información a medio minuto", aclaran.

"Inclúense sempre comentarios ou declaracións que deixan en bo lugar ao PP -porque goberna a Xunta na actualidade- e os seus dirixentes. Paralelamente, dos grupos da oposición destácanse informacións negativas, leas internas e problemas", explican. Hai tamén varios exemplos dos últimos telexornais. O abandono do alcalde de Salceda de Caselas e de cinco concelleiros do BNG foi tratado en varios informativos da canle pública, mentres que da marcha de seis edís de Ames do Partido Popular tan só se informou no boletín local de Compostela

"Cando aparece noutros medios algunha información problemática para o PP, só se dá a contestación ou versión gubernamental", denuncian os traballadores a través do blog, onde se poñen varios exemplos de casos neste sentido. "Hai moitas formas de facelo", insisten fontes do comité a Praza. "Hai veces nas que se ordena retirar o adxectivo popular de determinados cargos políticos nalgunhas noticias polémicas, mentres que en casos semellantes se ordena que se repita tres veces que un dos protagonistas é do PSdeG ou do BNG", explica.

"Nin que dicir ten que o seguemento informativo das actividades do presidente da Xunta faino alguén que non discute as consignas e se limita a resaltar o positivo, nunca unha crítica ou un comentario que poida ofender ao partido do goberno ou aos responsables da TVG", insisten os representantes dos traballadores que denuncian que "nin tan sequera se inclúen preguntas comprometidas doutros xornalistas en roldas de prensa".

Ademais, no blog Eu non manipulo, os representantes dos traballadores explican onde e como comeza a "manipulación". "Iníciase xa cos nomeamentos de directivos tras as eleccións autonómicas; o partido ou partidos gañadores sitúan nos postos clave xente de absoluta confianza, normalmente por afinidade política, que vai traballar pola causa e favorecer claramente aos que os colocan na dirección", aseguran.

"Os postos de responsabilidade no departamento de Servizos Informativos son claves para o traballo diario, a sala de máquinas do que sae en pantalla neses espazos", aseguran, tras aclarar que é "fundamental" que a xefatura de Informativos "recaia en alguén completamente fiel ao partido de Goberno".

Para o comité de empresa, os redactores xefes son os chamados "capataces". "Actualmente hai catro; son os que reciben directamente as consignas e as trasladan ás informacións", contan, pero serían os directores e editores que dirixen telexornais ou outros programas informativos os que "seguen estritamente as ordes e consignas da xefa de Informativos e dos redactores xefes".

"Baixo esas normas, elaboran as escaletas (a orde e relevancia das noticias a emitir) e asignan os traballos aos xornalistas", engade o comité, que asegura que "para evitar complicacións", os directores e editores"danlle as noticias delicadas a xente servil, ben porque non protesta por mor da súa situación laboral ao estar en situación precaria, ben porque é fiel á liña que se segue e está de acordo con que se manipule a favor de quen goberna".

As acusacións son aínda máis duras, xa que no mesmo blog asegúrase que os que denominan como"xornalistas servís" tamén "adoitan estar recompensados con algún tipo de plus". "Digamos que pola súa colaboración". E explícano: "Cando hai viaxes, programas especiais ou, sobre todo, eleccións, son asignados a eses operativos e cobran cantidades que poden triplicar o seu soldo mensual", denuncian.

Para rematar, o blog do comité considera que as "prácticas de manipulación desvirtúan a finalidade última que xustifica a existencia de medios públicos de comunicación" e fan deles "un perverso e antidemocrático uso partidista". "É por iso que, como traballadores e traballadoras da TVG seguiremos denunciando cantas situacións deste tipo coñezamos e padezamos", conclúen.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.