1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

vozdinheiroGaliza - Galiza Confidencial - O último día do an é cando a Xunta as súas axudas reguladas aos medios de comunicación. Son máis de 2,13 millóns euros; 1,6 para medios en castelán. Por riba destas axudas, algúns empresarios reciben moitos máis cartos a dedo.


As axudas para os medios en castelán seguen a ser moi superiores a dos medios en galego.Son 1.693.385 para as cabeceiras en castelán  fronte aos 445.491 euros  daconvocatoria dos medios en galego. É dicir, un 380 por cento máis, segundo publica hoxe, coa maior parte da poboación atarefada nos preparativos para Noite Boa, o DOG. Isto sucede malia a obriga legal da Xunta de favorecer o desenvolvemento do idioma propio en sectores, como o da comunicación, no que está discriminado.

Ademais, hai que ter en conta que este reparto é unha pequena parte da torta que reparte a Xunta aos empresarios do sector. A maioría das subvencións non son como as de hoxe -publicadas no DOG tras un concurso público- senón a través de convenios a dedo, é dicir, adxudicadas a dedo e sen concurso en función do criterio caciquil de cada consellería.

Por exemplo, na metade da primeira lexislatura de Feijóo La Voz de Galicia recibira 7,2 millóns da Xunta. A penas un 35% deses cartos outorgáronse mediante as subvencións públicas anuais aos medios. O resto foron convenios a dedo e outras adxudicacións directas.

Os gcpluseiros, os usuarios que axudan a manter aberto o GC, poden consultar todo o reparto (que empresa recibiu que e cando) das axudas até entón aquí. Son 18 millóns, 11,8 a dedo.

A prensa electrónica en galego non se pode presentar

As convocatorias resoltas hoxe discriminan ademais a prensa electrónica. Malia que GC ten máis audiencia na Internet que todos os xornais subvencionados nestas resolucións salvo La Voz, Faro e El Progreso; non se pode presentar porque é unha empresa pequena, de menos de cinco traballadores. O mesmo lle sucede aos outros diarios electrónicos en galego (Praza Pública, Sermos Galiza, etc.).

Sermos, que ten edición en papel, si podería presentarse á convocatoria para medios en galego. Porén, a convocatoria establecía que as publicacións en papel tiñan que ter tirado números durante todo 2011, algo que Sermos Galiza non podía cumprir.

O único sector que recibe axudas ano tras ano sen ter que crear ou manter emprego

Por último, a convocatoria para os medios en español non establece a penas condicionantes, algo que non sucede en ningún sector económico. Os empresarios poden despedir centos de traballadores, como fixeron todos os medios este 2012, e aínda así seguir apañando estes cartos.

Durante o bipartito PP, PSOE e BNG votaron unanimente a prol de que estas axudas estiven vinculadas ao mantemento de emprego estábel. Ningunha das forzas deu ningún paso concreto para cumprir o que votaron en ningunha das administracións nas que gobernan.

En Galicia hai case 1.500 xornalistas apuntados nas listas do Servizo Galego de Colocación. Dende 2008, o paro nesta profesión mutiplicouse por quince.

Á hora do reparto entre empresas, La Voz de Galicia, con máis de 611.000 euros, é a máis beneficiada. Entre medios en galego, unicamente a editora de De Luns a Venres (Galicia Proxectos de Comunicación) recibe unha cantidade importante, 250.000 euros. Velaquí o reparto polo miúdo.

Medios en galego

Empresa - Nº expediente - Importe

Ediciones Edisport, S.L.L. - PR858A/3 - 16.150,05 €

Galicia Proxectos de Comunicación, S.L. - PR858A/2 - 250.000,00 €

Letras a la Carta, S.L. - PR858A/7 - 30.195,49 €

Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A. - PR858A/1 - 16.016,57 €

Félix Jorquera Caselas, S.L. - PR858A/15 - 16.150,05 €

Arrincamos, S.L. - PR858A/17 - 16.636,04 €

Editorial La Capital, S.L. - PR858A/10 - 17.391,00 €

Garherve, S.L. - PR858A/13 - 16.810,34 €

Grupo Código Cero Comunicación, S.L. - PR858A/16 - 16.659,28 €

Crónicas da Comarca, S.L. - PR858A/8 - 16.366,84 €

Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L. - PR858A/12 - 19.816,48 €

Muñiz Domínguez, Miguel Manuel - PR858A/18 - 13.299,08 €

 

Medios en castelán

NIF - Empresa - Importe

A36600815 - Faro de Vigo, S.A.U. - 258.611,15 €

B27000637 - El Progreso de Lugo, S.L. - 134.459,12 €

B35074681 - La Opinión de La Coruña, S.L.U. - 29.391,20 €

A15000391 - Editorial Compostela, S.A. - 105.407,44 €

B15162068 - Editorial La Capital, S.L. - 75.472,02 €

A15000649 - La Voz de Galicia, S.A. - 611.210,56 €

B36003549 - Lérez Ediciones, S.L. - 65.699,57 €

A36005346 - Radio Pontevedra, S.A. - 37.596,92 €

A32003915 - Radio Orense, S.A. - 17.568,73 €

B15011950 - Radio Coruña, S.L. - 40.636,54 €

A36612414 - Radio Vigo, S.A.U. - 36.777,68 €

B28016970 - Sociedad Española de Radiodifusión, S.L. - 14.185,82 €

A28782936 - Uniprex, S.A. - 63.211,33 €

A28281368 - Radio Popular, S.A. - 57.765,96 €

A27019710 - Radio Lugo, S.A. - 21.273,82 €

B15054414 - Voz de Galicia Radio, S.L.U. - 24.400,48 €

B36879054 - Faro de Vigo Media, S.L. - 18.222,40 €

B27000637 - El Progreso de Lugo, S.L. - 8.733,98 €

A41606534 - Europa Press Delegaciones, S.A. - 6.147,11 €

A28028744 - Agencia Efe, S.A. - 6.057,87 €

A15000391 - Editorial Compostela, S.A. - 7.841,08 €

B15482177 - Canal Voz, S.L. - 46.314,16 €

B36003549 - Lérez Ediciones, S.L. - 6.400,53 €

 

Foto: GC


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.