A incidência informativa das açons que a polícia espanhola está a realizar contra galegos e galegas é maior naqueles países submetidos ao regime espanhol. Assim, jornais como o Llibertat dos Países Cataláns informam das detençons e, ainda, da libertaçom sem cargos de Catalina e das concentraçons que pola Galiza toda se sucedérom.
Também os e as bascas de Boltxe estám a oferecer às e aos leitores de Euskal Herria o outro lado da história, o que a imprensa comercial oculta. Nesse senso, visibilizam a notícia, oportunamente minimizada por jornais do sistema, da libertaçom sem qualquer classe de cargo de Catalina.
O jornal hispanófono Kaos en la Red é outro dos meios que estám a acompanhar o desenvolvimento da campanha policial no país atlántico. O meio, com grande número de leitores e leitoras na América Latina e o Estado espanhol, dá conta, como os anteriores, da libertaçom da jovem detida em incomunicaçom até sábado e do assédio policial à solidariedade com as pessoas reprimidas. Entre outros meios também em espanhol, La Haine, Nodo50 ou Insurgente.
Como é lógico, as pluralidade informativa é maior naqueles países que conhecem bem o saber fazer das forças policiais espanholas e a falta de rigor na tarefa da média comercial. Nos Países Cataláns coincide a ofensiva espanhola com o aniversário da histórica manobra repressiva contra 20 independentistas, no ámbito das detenços contra Terra Lliure. A três de dezembro, passárom 30 anos daqueles fatos, num momento no que o independenstimo catalám de esquerdas está com mais força do que nunca. Por outro lado, os e as independentistas do País Basco sofrérom e sofrem inúmeras detençons como as que agora sofre o movimento popular galego.
Portanto, enquanto para dentro das fronteiras do Império Espanhol existe certa resistência à intoxicaçom mediática, fora dos limitados domínios desse Estado, as versons imperantes são, em exclusivo, as uma e outra vez repetidas como verdade absoluta polo regime.
Novos apoios
Além do acompanhamento informativo despertado, produzírom-se posicionamentos solidários com as pessoas detidas desde diferentes países. A seguir, reproduzimos os comunicados que, neste senso, emitírom Nación Andaluza e Euskal Herria Sozialista.
Nación Andaluza
O comunicado é reproduzido na ortografia que, na versom em galego, utilizou a própria entidade:
Nación Andaluza denuncia a detención de militantes da esquerda independentista galega e a nova campaña represiva españolista
Ante a detención nesta semana de seis militantes da esquerda independentista galega, Nación Andaluza, organización para a liberación nacional e social de Andalucía, quere expresar:
O obxectivo de estas detencións é só criminalizar á disidencia política galega e a súa loita contra o réxime imperialista español. Baixo a “loita antiterrorista” téntase deslegitimar e marxinar a defensa da terra e o exemplo combativo que mantén diariamente a esquerda independentista galega nos diferentes ámbitos políticos, sociais e culturais. Estas detencións non son froito de ningún delito, senón da persecución arbitraria e política de seis militantes polo seu compromiso e constancia revolucionaria. Como noutras ocasións, o Estado Español mostra o seu verdadeiro carácter ditatorial e autoritario con operacións como esta. Tras a máscara dun estado democrático-burgués ao uso, escóndese unha superestructura imperialista imposta que só pode pervivir mediante a tergiversación informativa e a represión política. Coa inestimable axuda do silencio cómplice da esquerda do réxime.
Que con o pretexto das detencións, está a tentarse atemorizar ao conxunto da esquerda independentista galega a través de diferentes métodos como cercar algúns centros sociais independentistas en varios puntos da xeografía galega demostra que a policía española actúa para criminalizar e dar “exemplo”, outra mostra de como todas as institucións desta mal chamada "democracia" están única e exclusivamente permanece para defender os intereses das clases dominantes españolas, así como a unidade da “indisolube nación española”. Estas accións constitúen outra proba de que non se persegue a violencia senón a disidencia.
Acusamos tamén aos medios de comunicación do réxime de facer o papel de voceiros das forzas de ocupación españolas e lonxe de manter unha mínima independencia e ética xornalística, están criminalizando e negando a presunción de inocencia das seis persoas detidas, así como de transmitir directamente a versión policial dos feitos, como apoio á campaña intoxicadora do Estado.
Esiximos a posta en liberdade dos detidos e as detidas por non cometer ningún delito salvo defender e loitar pola emancipación nacional e social do seu país e do seu Pobo, o cal non pode considerarse un delito, senón un dereito e un deber de calquera habitante dunha nación negada, ocupada e expoliada.
Expresamos, como noutras ocasións, a nosa solidariedade e apoio á causa independentista galega e as súas organizacións políticas. Esta cárcere de pobos chamada mostra de novo o seu carácter de variábel xeopolítica peninsular da explotación capitalista na súa fase imperialista. Inimiga dos Pobos Traballadores. Só a través da unidade dos distintos movementos independentistas e revolucionarios das nacións baixo a ocupación española que traballan pola ruptura democrática e pola soberanía nacional dos distintos Pobos subxugados por este Estado que nin é democrático, nin social, nin de dereito, senón mera continuación embozada do franquismo, poderemos labrar un futuro de liberdade, xustiza e igualdade para os nosos respectivos Pobos
Patriotas galegos e galegas liberdade!
Non máis represión contra a esquerda independentista galega!
Viva Galiza e Andalucía ceibes e socialistas!
En Andalucía, a 3 de decembro de 2011.
Euskal Herria Sozialista
Como bem alerta Ceivar, o movimento de apoio aos presos arraigado na Galiza, é tempo de mostrar e fazer visível nas ruas a solidariedade com o independentismo galego, denunciar, e ao mesmo tempo de preocupação, já que não sabemos o trato que podem estar a receber estes seis militantes, pois ontem, sexta-feira 2 de dezembro, foram detidos mais dois ativistas, um homem e uma mulher, em Lugo, com o que como acabado de referir, ascende a seis o numero de pessoas detidas nesta operação contra o movimento popular galego.
Desde Ceivar pediu-se a aplicação dos protocolos internacionais em defesa dos direitos dos presos, com medidas tais como gravar a estadia destas pessoas nas dependências policiais com camara de video, revisões medicas independentes, informar as famílias em todo momento da situacion dos seus parentes, etc...
É momento de mostrar solidariedade com o povo galego, nestes tempos nos que são eles dos poucos que não se arrugan, como esta ficando claro, se atendemos à temperatura que nos marca o termostato da represssão do estado.
São eles, pela sua persistência em conseguir os seus objetivos, e pela constatação que fazem de que todas as formas de luta são validas para o conseguir, os que estan sofrendo as gadoupas repressivas do estado, desde faz umas semanas com a criminalizacion dos movimentos sociais, e agora com estas seis detenções.
VIVA GALIZA CEIVE E SOCIALISTA!
GALIZA CEIVE, PODER POPULAR!
ANTES MORTOS QUE ESCRAVOS!
Foto: Llibertat


