first
  
last
 
 
start
stop
Arquivado em: memória histórica  antifascismo  
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

 

271012 anarquistasGaliza - Praça - "Unos le dan bofetones, otros le dan puntapiés, otros le clavan agujas, en las uñas de los pies. En el año treinta y siete, en el alto del Acebo, matasteis a dieciséis, y al Comandante Moreno".


José Moreno Torres era o comandante do Batallón Galicia e a súa morte o 29 de outubro de 1937 xunto con 14 dos seus homes acadou tal sona que mereceu esta copla que se fixo moi popular durante anos nas vilas galegas e asturianas da raia. En efecto, hai 75 anos foron asasinados preto do Acevo, na Parroquia de San Bartolo de Monteseiro, na Fonsagrada por un grupo de pistoleiros da Falanxe e varios gardas civís.

Este sábado Fonsagrada renderalles homenaxe no 75 cabodano da súa morte cunha serie de sinxelos actos que comezarán ás once da mañá no Museo Comarcal da vila e o desprazamento ás doce até o Acevo. Alí foron exhumados hai cinco anos os seus restos, dunha foxa común na que foran amoreados polos fascistas. Posteriormente, á unha e media, realizarase unha ofenda floral.

Nos actos serán homenaxeados José Moreno Torres -Maior de Milicias (comandante)-, Jaime Machicado Lloren -comisario Político de batallón (comandante)-, Odilo Masid Masid -comisario político de compañía (capitán)-, Manuel Ramos Escarís -comisario político de compañía (capitán)-, Maximino Martínez Fernández -tenente axudante-, Manuel Bugallo Lois -sarxento de Milicias Miliciano-, Luis Rafael Villar Sánchez, Jesús Martínez Castro e seis milicianos máis.

O Batallón Galicia 

En setembro de 1936 creouse e comezou a adestrarse militarmente, na avanzada galega cara Asturias, o que sería coñecido como Batallón de Milicianos de Galicia, unidade na que se alistaron unha boa boa parte dos galegos que residían na raia galega-asturiana ou que conseguiran chegar até alí antes do 18 de xullo de 1936. O 9 de xaneiro de 1937 uníronse a eles vintetrés destacados militantes libertarios galegos que conseguiran chegar ao porto de Xixón tras saír do das Xubias, na Coruña, nunha lancha pesqueira a motor, á que eles mesmos chamaban La Libertaria. Entre os fuxidos estaba José Moreno Torres, quen uns meses despois ía ser nomeado comandante da unidade.ç

Tras loitar nas frontes de Oviedo, Biscaia e Santander, a comezos do outono de 1937, o batallón comezou a loita nas montañas de León, onde participaría en sanguentas batallas que terminaban o 20 de outubro de 1937 no porto San Isidro, onde lles chegaban as primeiras noticias do final da guerra no norte. Naquela altura, ao non poder chegar ao mar para fuxir, un grupo de quince homes, entre os que se atopaba o comandante Moreno, botou a andar cara á Coruña, coa esperanza de poder conseguir un barco co que chegar a Francia, coa axuda dos poucos membros da CNT que aínda ficaban na cidade herculina. O día 29 de outubro chegaban ao Acebo.

sa mesma noite foron delatados e caeron asasinados pola Garda Civil e por varios falanxistas, que meteron os seus corpos nunha cova. En agosto de 2007, logo de anos de investigacións, un grupo de arqueólogos dirixido por Javier Ortíz deu conta de dúas das foxas onde ficaron soterrados. A exhumación da ARMH rescatou once cadáveres, oito dunha foxa e tres doutra, e comprobou tamén, mediante documentos e testemuños, que dous máis dos milicianos se atopan sepultados no cemiterio da Fonsagrada.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Adicionar comentário

Diário Liberdade defende a discussom política livre, aberta e fraterna entre as pessoas e as correntes que fam parte da esquerda revolucionária. Porém, nestas páginas nom tenhem cabimento o ataque às entidades ou às pessoas nem o insulto como alegados argumentos. Os comentários serám geridos e, no seu caso, eliminados, consoante esses critérios.

Código de segurança
Atualizar

first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: diarioliberdade [arroba] gmail.com

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.