1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (2 Votos)

180413 contraminaGaliza - ContraMINAçom - ContraMINAçom ten como obxectivos de identificar e difundir os problemas da minaría en Galiza e facilitar os medios para a loita contra a minaría destrutiva. Xorde como reacción ao aumento das concesións mineiras con proxectos irracionais en localizacións con altos valores ambientais


ContraMINAcción convoca unha manifestación nacional en Compostela o 2 de xuño

Un grupo de persoas e organizacións sensibles cos problemas e ameazas que están a supoñer o aumento das concesións mineiras -máis do 50% da superficie do país-, con proxectos irracionais en localizacións con altos valores ambientais -LIC Anllóns, Fragas do Eume, Serra do Galiñeiro, etc.- decidiron crear ContraMINAcción, Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza.

Polo momento fan parte da rede, ademais de varias persoas que participan de xeito individual, os seguintes colectivos: Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asociación Véspera de Nada, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, Plataforma Veciñal Corno do Monte, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Sindicato Labrego Galego e Verdegaia. A rede está aberta a tódalas agrupacións que queiran participar, agás aos partidos políticos. As persoas que poidan aportar (achegar) algo a título individual tamén son benvidas á rede .

Tres son os obxectivos principais de ContraMINAcción:

A identificación dos problemas establecendo un marco do que pasa en Galiza, analizando o que acontece en cada lugar ou proxecto mineiro, poñendo en valor o que se perde con el, e estudando tamén o que está a acontecer noutras partes do planeta.

Compartir estratexias e medios para loitar contra a minaría destrutiva con aquelas persoas e colectivos que se vexan ameazados, coordinándonos mediante o traballo en rede, tirando de cada loita datos útiles para as demais, facendo accesible información contrastada e fiable a todas elas, e facendo dispoñible apoio xurídico e técnico.

Difusión na sociedade dos problemas que está a xerar a minaría, facendo visibles a especulación e ocupación do territorio, sendo unha voz fronte a todos os conflitos por igual, e levando a cabo accións informativas en tódalas comarcas.

Como propostas de acción máis inmediatas, imos organizar xornadas informativas en Vigo e en Ourense para explicar os impactos da minaría, nas que participarán activistas das plataformas de afectados e afectadas, xuristas, economistas, e persoal técnico. Tamén imos ter encontros nas zonas ameazadas para difundir os valores naturais, sociais e económicos do lugar; e a importancia de conservar o que hai neses lugares.

Finalmente, queremos que toda a acción conflúa nunha grande manifestación nacional en Compostela o día 2 de xuño para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente dicindo NON a este modelo de minaría neocolonial e destrutiva. Animamos a tódolos colectivos sociais e ecoloxistas do noso país a apoiar esta manifestación, para dar unha resposta visible e contundente á agresión que se está perpetrando contra Galiza.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.