Na actualidade adelgazou mais de 20 kilos, e o seu corpo despois de esgotar os hidratos e as graxas está consumindo agora as proteínas, e os músculos empezan a atrofiarse. A fatiga é total, o reconto de glóbulos brancos e moi baixo e empeza a ter erros multiorgánico, como as agudas dores abdominais do pasado martes 20 de xaneiro debido a unha severa obstrución nos seus riles que, segundo informan fontes do hospital provincial de Pontevedra, poden supoñer unha cirurxía de urxencia nos próximos días.
Poren, a súa moral está intacta así como o seu propósito de seguir a diante ate as últimas consecuencias ou ata que a súa clasificación penitenciaría sexa resolta ou arquivada a sanción proposta e reintégrense os permiso perdidos. A maiores recórdanos que a súa loita va mas alá, é mais un grao de area para a defensa dos dereitos das persoas presas e a abolición das torturas.
A pesar do seu estado físico, e da inexistencia de visitas nas case tres semanas que leva hospitalizado, do silencio dos medios e dos órganos administrativos e xudiciais e do pouco apoio social que ten, segue considerando a loita polo dereitos fundamentais como necesaria, continua dando ánimos a todas aquelas persoas que están en loita contra a vulneración dos dereitos básicos en todos os ámbitos e agradece as mostras de apoio que lle están chegando.
As súas forzas son poucas e "necesita que lle emprestemos unhas poucas, axúdalle, axuda na loita social contra os malos tratos e as torturas. Difundamos este vital acto de protesta, démoslle a voz que lles quitaron as persoas privadas de liberdade, presionemos as institucións e medios de comunicación e, sobre todo, démoslle ánimos" -piden as e os solidarios con o preso.
JAVIER GUERRERO CARVAJAL
Hospital Provincial de Pontevedra (unidade penitenciaría)
Loureiro Crespo, 2, 36002 Pontevedra
3a CONCENTRACIÓN SOLIDARIA
LUNS 26 XANEIRO 18,30H
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA