1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

operariofaro1-615x408Galiza - Magazine Cultural Galego - [Montse Dopico] A actual degradación dos dereitos laborais lembra tempos pretéritos. Esta é unha das cuestións que a banda deseñada galega está a tratar. Proba disto é o novo álbum de Jano, 'Operario', editado por Demo Editorial.


Unha historia que levaba moito tempo querendo contar e que agardo que aterrorice os lectores tanto como a realidade que nos tocou vivir. Así presenta Jano a súa última obra, 'Operario', editada por Demo. Unha banda deseñada en branco e negro e sen texto. Que camiña entre o relato de terror e a denuncia social dun marco laboral cada vez máis degradado. Falamos con el.

Unha das primeiras cousas que chaman a atención é o estilo do debuxo, que lembra as vangardas de primeiros do XX.

Algo hai diso, si. Pode haber referencias doutros autores, e sobre todo dun tipo de noveliña que houbo nos anos 20-30, libros mudos de secuencias de imaxes, de temática social.

Parece que nos remite aos inicios da sociedade industrial. Pero tamén á actualidade.

En realidade non quixen situar a historia nun tempo concreto, nin nunha cidade concreta. Pretendín facer unha historia anacrónica, que mesmo pode ser futurista. Porque o que conto pode acontecer. A historia é cíclica e o que pasou cos operarios na revolución industrial pode repetirse.

O feito de que non teña cor dálle máis intensidade, se cadra. É como se a achegase máis ao xénero negro, precisamente.

A propia historia pide o branco e negro. Ademais é máis barato imprimir en só dúas cores. Un dos meus obxectivos era facer un libro accesible para a xente. Son 10 euros, nun libro moi dignamente editado. Ademais é pequeno, fácil de ler e de levar...

O de facer unha historia muda non deixa, porén, de ser un risco.

Xa na arte de vangarda, como diciamos, se facían este tipo de novelas. En canto á recepción que poida ter, pois todo dependerá do que a xente queira atreverse a probar cousas diferentes.

Como foi o proceso de creación?

Rematei como medio ano antes da publicación, pero a historia xa levaba na miña cabeza cinco ou seis anos. Estivo no caixón, coincidiu con outros proxectos, e ao final decidín retomala e rematala.

170114 operarioOs personaxes son o policía, o patrón e o obreiro. Dá unha impresión de frialdade, de que cada un vai ao seu e, sobre todo, de abuso de poder por parte de quen manda.

Os personaxes son arquetipos, non teñen unha personalidade moi definida. Por iso tampouco está moi traballado o aspecto psicolóxico. Interesábame máis contar a historia que quería contar, e para iso precisaba símbolos que funcionasen, que fosen recoñecibles, buscando a complicidade do lector. Tamén ten un punto caricaturesco, e para iso recurro a trucos que funcionan con este tipo de historias. Quería facer unha historia de xénero de terror, cunha temática social, sobre o mundo laboral.

O obreiro, malia todo, fai o que pode por procurar a súa liberdade.

Nesa parte da historia tamén xogo con arquetipos. El consegue fuxir, e busca a natureza, que tamén está tratada como arquetipo: a cidade fronte ao campo, a natureza. Non hai que tomalo demasiado en serio: tampouco é así, non é todo branco ou negro. Nas cidades tamén hai intercambio de coñecemento, outras formas de relación social...

Algún outro proxecto?

Do que fixen ultimamente algo que me gustou moito foi participar nun proxecto de Autsaider Comics, unhas caixiñas de minicomics. Eu traballei nunha delas. Tamén participou xente moi nova, e xente máis veterana. Fíxome moita ilusión. Eu estou na caixa verde, cunha historia sobre un futuro apocalíptico de insectos mutantes.

Fas un pouco de todo, non só banda deseñada.

Si. Fago carteis e o que vai saíndo. A cousa anda difícil, é cada vez máis complicado. En Galicia, e en toda España, é máis difícil. No mundo editorial está cambiando as cousas a revolución tecnolóxica: a distribución por internet, etc, muda o xogo. E a crise económica reduciu todo o consumo. Todo isto fai que ande a cousa revolta. En Francia, por exemplo, tamén están a ter problemas, pero nótase menos a crise que aquí. A lei alí é distinta...

E hai unha industria que aquí está nacendo.

Si. O tecido industrial de Francia non ten que ver co de aquí. Alí fomentan moito a lectura e o status cultural do comic é moi elevado. A saída dun comic de Astérix é un acontecemento cultural. Os franceses son conscientes ademais de que é unha industria que dá diñeiro e crea postos de traballo. Pero eu tampouco quero andar chorando e queixándome. Só dicir as cousas como son...

 


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.