1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Foto - Filhas de BreogamGaliza - Ponte Vedra FG - O sábado 22 de xuño Pontevedra será a capital galega do fútbol gaélico. A través da Asociación Galega de Fútbol Gaélico, celebrarase a derradeira xornada da Liga Galega de 7 contra 7. O obxetivo de celebrala en Pontevedra é promocionar este deporte na nosa cidade así coma dar a coñecer o Pontevedra Fútbol Gaélico, equipo de recente criazón e que se integrará GAA (Gaelic Athletic Association) e na Asociación Galega. Precisamente, haberá un partido amigable entre o equipo pontevedrés e un combinado da liga ás 17:30. Antes, ás 16:30, as Fillas de Breogán e as Irmandinhas protagonizarán tamén outro encontro amigable, agora que estamos de noraboa ó termos dous equipos femininos galegos.


Esta xornada final será moi emotiva. Tres equipos chegan con opcións de seren campións. O partido clave, sen dúbida será o que xoguen Bráithreachas A Estrada e Ártabros de Oleiros. Se gañan ante os oleirenses, serán campións. Son os únicos que dependen de si mesmos. Pola súa parte, os Ártabros precisan gañar e agardar que os Fillos de Breogán, o seu equipo irmán, non o faga ante os Mecos. Os Fillos de Breogán, os grandes favoritos antes de comeza-la competición, deberán agardar que os Ártabros gañen ou empaten e eles terán que igualar ese resultado. Os Mecos aspiran a rematar como subcampións, para o que precisan que os de Oleiros venzan e eles face-lo mesmo contra os coruñeses.

A xornada arrincará ás 16:30 no Campo de herba sintética da Xunqueira


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.