Galiza - Estudantes de Sociologia da UDC - Logo dunha tarde de actividades na Facultade de Socioloxía da UDC na que se ditaron Palestras que abranguen desde a mercantilización e precarización do coñecemento enmarcados no Proceso de Boloña, a nova política represiva trala chegada do novo goberno ou o conflito na educación universitaria en Chile, xs estudantes decidiron en asemblea pecharse na facultade para denunciar a continua precarización do ensino público.
Na Asemblea determinouse: posicionarse na contra dos recortes no ensino público que está levando a cabo o goberno como aumentar o ratio de alumnos por aula, amentar as taxas para universitario ou a imposición de xornadas lectivas mínima de 25 horas para profesores primaria e 20 en secundaria. A necesidade de fortalecer o Movemento estudantil para enfrontar a degradación do Ensino público e contrarrestar a falta de consciencia crítica entre o estudantado e por último apoiar mañá martes 22 de maio o peche no IES Zalaeta convocado pola Plataforma Galega Na Defensa do Ensino Público.
Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.