Demasiado nova ainda, viu-se obrigada a enfrentar a doença mortal contra a qual luitou nos últimos três anos, durante os quais nom deixou de manter a sua atividade social e ativismo em prol das suas ideias, dos direitos das mulheres, do povo, da Naçom.
Feminista de militáncia, independentista, pessoa de esquerda preocupada com a cultura e a língua, com os direitos da Galiza... na última etapa do seu percurso vital revelou-se como umha escritora de qualidade, com dous romances reconhecidos com diferentes prémios literários e com a incorporaçom à História da Líteratura Galega como umha das autoras mais destacadas destes turbulentos inícios do século XXI. Garantia de futuro para a nossa cultura, para a nossa língua e para o nosso país.
Jornalista de profissom, solidária com as luitadoras e luitadores represaliados polo sistema, nunca abdicou da sua condiçom e sempre estivo com quem lhe pediu que apoiasse qualquer causa justa, constituindo-se em inteletual popular e militante.
Coletivos feministas, culturais, sociais, políticos, meios de comunicaçom e muitas companheiras e companheiros choram-na hoje no momento do adeus.
O Diário Liberdade quer somar-se ao emocionado e grato adeus a umha figura que já fai parte da história do nosso povo, do lado das suas classes populares e das mulheres que padecem o infame patriarcado associado ao capitalismo.
Reproduzimos a seguir, como despedida, esta autoidentificaçom em forma de entrevista, que lhe foi realizada no passado mês de novembro polo Blog 'Caderno da Crítica'
Cuestionario Proust: Begoña Caamaño
1.– Principal trazo do seu carácter?
-A alegría.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-A bondade.
3.– Que agarda das súas amizades?
- Que me queiran como eu as quero.
4.– A súa principal eiva?
- A preguiza.
5.– A súa ocupación favorita?
-A lectura.
6.– O seu ideal de felicidade?
- Viver nun mundo sen inxustizas cheo de mulleres e homes libres e felices.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-A dependencia física e a demencia.
8.– Que lle gustaría ser?
-Boa persoa.
9.– En que país desexaría vivir?
- Na Galiza liberada (e con menos choiva).
10.– A súa cor favorita?
-Lila.
11. – A flor que máis lle gusta?
-O tulipán.
12.– O paxaro que prefire?
-As andoriñas.
13.– A súa devoción na prosa?
-Cortázar, Clarice Lispector.
14.– E na poesía?
-Ana Romaní, Miguel Hernández.
15. Un libro?
- Todo canto amei, de Siri Hustvedt
16.– Un heroe de ficción?
-Trancos (nesa faceta, do Señor dos aneis)
17.– Unha heroína?
- Ana Karenina, a Malinche.
18.– A súa música favorita?
-Folk, Uxía.
19.– Na pintura?
-Kandinski.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
- Frida Khalo.
21.– O seu nome favorito?
-O que ten calquera das persoas que amo.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-A ruindade.
23.– O que máis odia?
-O fascismo, a intolerancia.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Franco, Hitler.
25.– Un feito militar que admire?
-A toma da Bastilla; o asalto ao cuartel de Moncada.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-Estar dotada para a música.
27. – De que maneira lle gustaría morrer?
-Durmindo, sen dor.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-A alegría.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
- A preguiza, os medos.
30.– Un lema na súa vida?
-Canto máis feliz sexan os demais, máis feliz serei eu.