1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

280114 direitoGaliza - Diário Liberdade - Denuncia que atenta contra os direitos fundamentais das mulheres, mostrando-lhes a sua anulaçom e desprezo mais absoluto.


Eis o conteúdo integral do comunicado, remetido pola Plataforma Galega polo Direito ao Aborto ao Diário Liberdade:

Representantes das organizacións que integran a Plataforma compareceron esta mañá en diferentes localidades en rolda de prensa para anunciar actos de protesta, entre os que está una gran manifestación nacional o 9 de marzo

As principais cidades e localidades galegas acolleron esta mañá ás doce unha rolda de prensa de mulleres integrantes na Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, na que se abordaron una serie de ideas fundamentais con respecto á pretendida “contrarreforma” do Goberno do Estado do Partido Popular e se anunciaron una serie de actos que se levarán a cabo dende xa mesmo ata marzo para esixir a retirada inmediata de dita reforma.

  1. As mulleres galegas queremos dicir hoxe ben alto que NON queremos esta contrarreforma de Gallardón a unha Lei que foi froito do consenso e da demanda dunha ampla maioría social, que hoxe mesmo segue apostando polo mantemento da Lei de 2010 (o 81% da cidadanía está en contra desta reforma, un 65% declárase votante do PP e o 64% afirman ser católic@s). Ademais, a Lei de 2010 está avalada polo Consello de Estado e resposta a unha recomendación de Europa, que aposta por unha Lei de prazos como a aprobada en 2010 e similar a moitos países do continente. As mulleres galegas pensamos que as morais privadas non poden facer leis nunha sociedade aberta e, por iso, anunciamos que vamos loitar e a utilizar todas as ferramentas que teñamos ao noso alcance para impedir que esta contrarreforma machista, retrógada, restrictiva (a máis restrictiva dos 35 anos de democracia), inútil e cruel se mire como se mire, se aprobe e entre en vigor.

  2. Esta reforma atenta gravemente contra os dereitos fundamentais das mulleres, extremo que xa contemplaba a sentenza de 1985 do Tribunal Constitucional, que utiliza agora Gallardón para argumentar falsa e torticeiramente que a actual Lei pon en conflito dous bens xurídicos. Así, dita sentenza, fronte ao que asegura o ministro de Xustiza, o que deixa ben claro é que non estamos ante un conflito de dous dereitos fundamentais posto que os únicos que están aquí implicados son os das mulleres: o dereito a decidir sobre o seu corpo e a súa maternidade e o dereito á saúde. O nasciturus, di este fallo do Constitucional, é un ben xurídico que debe ser protexido polo Estado e a Lei de prazos e indicadores de 2010 o protexe suficientemente.

  3. Esta reforma carga contra as mulleres, amosa o seu desprezo máis absoluto, e as reduce, como ven facendo dende que está a gobernar, a cidadás de segunda, xa que nos quitan o dereito a decidir e nos deixan en mans do persoal médico (nomeadamente, psiquiatras). Ademais, esta carga ideolóxica tamén fai que o Partido Popular nesta reforma que unicamente gosta, e incluso con matices, aos sectores máis ultraconservadores e aos obispos, distinga entre as mulleres con recursos e sen recursos, posto que aquelas que desexen abortar o seguirán facendo. Pero mentres que as primeiras poderán pagar a viaxe ao extranxeiro e os gastos para abortar libre e en condicións sanitarias de seguridade noutro país, as mulleres sen recursos suficientes terán que recurrir de novo ao aborto clandestino, como se foran delincuentes, e con grave risco para a súa saúde e incluso para a súa vida.

  4. Gallardón non pode obrigar a ninguha muller a parir. O dereito a ser nai tamén inclúe o dereito a non selo e, de feito, o Tribunal dos Dereitos Humanos cualifica como TRATO CRUEL que se obrigue a unha muller a anular o seu dereito a decidir e, polo tanto, a continuar con embarazado non desexado. A Lei de 2010 non obrigaba a abortar; unicamente garantía o dereito a decidir. O que o Goberno ten que fomentar son políticas educativas e de prevención de embarazos non desexados, e potenciar a planificación familiar –e non reducir e eliminar recursos nestes eidos, como está a facer nas diferentes administracións. No caso do goberno da Xunta coa eliminación dos COF-.

  5. Por todo isto, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto esixe a retirada desta reforma e anuncia que, mentres o Goberno do Estado non o faga, ontinuará mobilizandose e loitando na rúa ata conseguir que así sexa. Nestas roldas de prensa por toda Galicia, anunciamos os ACTOS que temos programados a nivel nacional, e que serán completados cos que cada delegación promova a nivel comarcal e/ou local. Entre eles destacan, ademáis de accións sorpresa e a celebración de debates e mesas informativas ao longo de todo o territorio, a redacción e posterior entrega masiva dunha queixa ao Valedor do Pobo, prevista para o día 22 de febrero. Estes actos terán como peche unha gran manifestación nacional o día 9 de marzo en Compostela.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.