1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

IMG 0109Galiza - Adega - Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitan lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta tamén pola formación continua e a acción directa.

IMG 20160413 WA0001Galiza - SAM - A Cámara Municipal de Oleiros respondeu a nova solicitude de Santa Cruz Aberta ao Mar de maneira positiva, com o que a entidade cultural da paróquia oleiresa de Lians terá accesso ao expediente do controvertido projeto de hotel, que estaria sediado a poucos metros da costa, em zona de inundaçom em caso de temporal, e que apantalharia o emblemático castelo de Santa Cruz.

Mapa A 76Galiza - Adega - A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra.

Espazo Sete CaminhosGaliza - AC Almuinha - Hoxe domingo 17 de abril ás 10:30h. a A.C. Almuinha de Marín organiza unha nova andaina no marco do proxecto que bautizamos como "Coñecendo o noso entorno". Nesta ocasión achegaranse ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, nunha andina duns 7 km. entre os concellos de Marín e Pontevedra. A saída será desde a área recreativa do Monte Pornedo (San Xulián-Marín).

8627259672 4b68eb6bb7 zGaliza - APDR - Comunicado da Associaçom pola Defesa da Ria de Ponte Vedra.

fitoGaliza - Gentalha do Pichel - A próxima quinta feira 14 de abril, às 20h30 no CS O Pichel (Santa Clara n.º 21) contaremos com Óscar Antón Pérez García, assessor técnico agrário que nos achegará informaçom e perspectivas críticas do ponto de vista administrativo, legal, empresarial e da saúde sobre o uso de fitossanitários na alimentaçom.

640px Concello Cabana de BergantiñosGaliza - PDC - O Alcalde de Cabana usa recursos públicos para personarse nun contencioso para defender os intereses da empresa mineira de Corcoesto. A personación foi acordada por un Decreto da Alcaldía de decembro de 2015.

bcejdjhcGaliza - Adega - A contaminación lumínica, menos coñecida que a acústica ou a atmosférica, é outro xeito de polución da sociedade do consumo. Unha das reivindicacións que ADEGA quere trasladar ás institucións nesta Semana Internacional por un Ceo Escuro (International Dark Sky Week) é a redución da contaminación lumínica para recuperarmos o ceo estrelado, un dereito recoñecido pola UNESCO e que nos roubaron as urbes polucionadas.

canle anfibiosGaliza - Adega - Na tarde de día 5 de abril un grupo de voluntariado ambiental de ADEGA  Vixiantes de Recursos Naturais da DXCN actuaron nunha canle de rega de Pontecaldelas para rescatar á fauna atrapada e axudarlles a completar o seu ciclo vital.

afaafgbiGaliza - Adega - Paratermo Energía SL pretende instalar unha planta química para gasificar carbón e producir metanol en pleno Macizo Central ourensán, e dentro do territorio de cría da aguia real. Outro "proxecto milagre" no medio do monte a ver se alguén pica...

sapoGaliza - Adega - Continuando co labor encetado o pasado ano, este martes 5 de abril en horario de tarde desprazaranse até Pontecaldelas para rescatar á fauna (principalmente anfibios) atrapados nunha canle de rega.

PRESTOGAL GENTALHA 724x1024Galiza - Diário Liberdade - O Prestogal é umha ferramenta web que promove o consumo colaborativo no bairro.

24306369216 b31df36167 zGaliza - Associaçom Fontainha - O vindeiro domingo 3 de abril de 9 a 13 h. realizarase o XII censo de aves en paso prenupcial da Asociación Fontaíña no treito costeiro vigués que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.

Corvo cristado EirexasGaliza - SCAM - [Ramiro Vidal Alvarinho] Santa Cruz Aberta ao Mar une a sua voz a aquelas que já se dirigirom a instáncias da Xunta de Galicia (concretamente à Direçom Geral de Proteçom da Natureza e à Direçom Geral de Património) para reclamar a modificaçom do traçado da corrida pedestre de montanha “Trail Costa de Dexo-Oleiros”.

Corvo cristado EirexasGaliza - Adega - Dende o ano 2011 vense desenvolvendo no concello de Oleiros o denominado Costa Trail de Oleiros “Seixo Branco”, carreira pedestre de montaña organizada pola Sociedade de Montaña Ártabros coa colaboración nesta edición do concello de Oleiros e o Club de Atletismo Sada.

15499250143 90a3ef2cd2 zGaliza - APDR - Desde que o goberno en funcións do PP concedeu a prórroga de 60 anos a ENCE, semella que se abriu a veda de caza da APDR, e así sucédense as declaracións airadas desde ENCE e sectores achegados que, "utilizando os mesmos argumentos mentireiros, pretenden desprestixiar á Asociación" que preside Antón Masa, explica este. "E, no colmo da desvergonza, ENCE chega a acusarnos hoxe de “complicidade na contaminación” da Ría por –segundo eles- non ter denunciado a existencia de vertidos urbanos e bacterias coliformes".

Eucalipto rexistro 1Galiza - Adega - A finais de 2014 a Consellería do Medio Rural acordou elaborar unhas propostas para a revisión do Plano Forestal de Galiza, vixente dende 1992. Para tal fin criouse no Consello Forestal un grupo de traballo que se reuníu durante 2015. Finalmente elaboráronse unhas directrices, resultado dun inquérito deseñado por dous coordenadores propostos pola Consellaría.

10999971 819167131533337 4517574565466111147 nGaliza - TFdPV - O pasado día 3 de marzo o Consello da Xunta anunciaba o inicio do proceso de cara á aprobación da nova da Lei de Protección Animal. A pesar dalgúns avances, como o que atinxe á prohibición dos circos con animais, este anteproxecto de lei é claramente insuficiente xa que pretende ocultar con algunhas concesións a decisión política de permitir que en Galiza continuen a organizarse touradas.

Castro Arca 2Galiza - Adega - En decembro de 2015 o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza incluía no Inventario de Xacementos Arqueolóxicos un novo sitio arqueolóxico en Mondoñedo, coa denominación Castelo de Monte da Arca e clave de identificación GA27030036.

Falso tunel AVE por ministerio de fomentoGaliza - Sermos Galiza - [Adela Figueiroa] Nestes tempos andam a levantar-se diferentes propostas e queixas, na Galiza e em Lugo acerca do desleixo en que a administração do estado está a manter com a nossa cidade e a nossa província. São relativas ao Trem de Alta velocidade comummente chamado AVE.

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.