1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

frouxeira páGaliza - Adega - Alterar a dinámica natural a golpe de escavadora para salvagardar un paseo marítimo mal deseñado non é unha estratexia válida para xestionar un espazo protexido.

081215 lumesGaliza - Galiza Confidencial - Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Queixa. É o segundo lume importante que sufre a provincia do interior nestes días.

excavadoraGaliza - Adega - O que ía ser a restauración dunha instalación histórica -unha vella fábrica da luz- vén de converterse nunha chafallada administrativa ateigada de actuacións ilegais con graves impactos na biodiversidade e na contorna do Miño.

cerna74Galiza - ADEGA - O número 74 da revista CERNA de ecoloxía e medio ambiente de Galiza amosa algunhas das ferramentas de participación social que están en vigor para a avaliación do estado de saúde da nosa biodiversidade, como o portal web “biodiversidade.eu” ou o programa SARE, de Seguimento de Anfibios e Réptiles de España.

051215 regGaliza - Revista Abordaxe - [Tancredo Tantonto] Segundo dam contam diversos falsimedios, ontem no parlamentinho galego e a iniciativa de AGE, deu-se um debate ao respeito da planta de Gas licuado instalado em Mugardos baixo a marca Reganosa.

13960040472 21e3683c7e zGaliza - APDR - [Xulio Carmona] Dende a APDR constatan que a recente presentación do Informe de Ecologistas en Acción sobre a relación do tipo de vexetación e os grandes incendios forestais (máis de 500 hectáreas de superficie de afección) entre 2012-2014 no estado español, desminte de novo os argumentos cos que ENCE pretende xustificar a súa xestión forestal baseada no monocultivo do eucalipto e mesmo pon en evidencia a política forestal galega.

compostaxeGaliza - Adega - No marco da Semana Europea da Prevención de Residuos, estas xornadas pretenden ser un espazo para partillar experiencias en torno a redución e prevención de residuos, usando como ferramenta a compostaxe caseira e comunitaria. 

globalclimateparisGaliza - Adega - ADEGA vén de presentar no Parlamento Galego unha iniciativa dirixida a todos os grupos para que, con motivo da celebración da cimeira do clima en París (COP21) aproben unha declaración con propostas de actuación contra o cambio climático.

samsadurninhoGaliza - Adega - Este xoves 19 de novembro Adega presentará os datos do proxecto de recollida selectiva porta a porta e compostaxe un ano despois da súa implantación. O acto será ás 18.30h no local social da Seara, en San Sadurniño.

Cartel ENCE 1030x722Galiza - Adega - Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados.

EspeciesExoticasGaliza - Adega - O vindeiro sábado 28 de novembro celebrarase unha xornada divulgativa sobre “Especies invasoras e a participación social” no museo Domus da cidade da Coruña. Esta actividade enmárcase no proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad, alén de contar co apoio da concellería de Medio Ambiente do Concello da Coruña.

pacotefeijoGaliza - Adega - A asociación ecoloxista ADEGA, VERDEGAIA , as plataformas veciñais (Plataforma afectados polo polígono de Vilar do Colo, Plataforma pola defensa dos camiños, etc.) a SGHN e outros colectivos fan entrega hoxe (11/11) na oficina de correos de Ferrol, dun paquete destinado ao presidente, o Sr. Nuñez Feixoo para que llo faga chegar á súa conselleira de medio ambiente, consistente nunha botella de auga do río Baa, contaminada polos refugallos altamente tóxicos depositados ilegalmente no monte dos Cocidos (Parroquia de Laraxe) e un tarro con ditos refugallos para que teñan presente a realidade desta agresión medioambiental.

Cartaz X Aniversario dos censosGaliza - DRV/DL - O vindeiro sábado 14 de novembro de 9:30 a 13:30 h. terá lugar a quinta actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Desta volta trátase dun roteiro ornitolóxico pola praia da Xunqueira, Moaña. A actividade será guiada polo monitor de ornitoloxía da asociación e a inscripción é obrigatoria (ver como inscribirse ó final deste texto).

cogumelosengralevaGaliza - Mádia Leva! - Este sábado, dia 14 de novembro, jornada para conhecer, apanhar e degustar cogumelos.

vigo xentrificaGaliza - Mapa - [Xentrificacionvigo] Vigo é a cidade máis grande de Galicia, onde a actividade industrial continúa a ser o principal sector económico, aínda que se lle está a dar un importante pulo ao turismo e o comercio. O territorio municipal, bañado ao norte polo Atlántico, estrutúrase en tres grandes coroas. A máis externa, formada polas parroquias máis rurais, unha de transición e unha central formada polos barrios máis urbanos e que concentran a maioría da poboación. Nesta coroa máis interna atópase  a zona vella da cidade, que corresponde, aproximadamente, ao núcleo preexistente que quedou  rodeado polas murallas construídas a mediados do s. XVII para defender a cidade dos saqueos e que foron derrubadas apenas dous séculos despois.

tala cudeiroGaliza - Amig@s da Terra - Amigos da Terra denuncia a corta polo pé de sete plataneiros de sombra "Platanos hybrida" de grandes dimensións na estrada OU 150 no nucleo urbán de Cudeiro, Concello de Ourense, árbores de grandes dimensións que levaban alí máis de 75 anos, non estorbaban nin supuñan risco para o tráfico.

4793019651 ce79557b0f z 1Galiza - Sibgal - O día 18 de outubro do presente ano, no parque comarcal de Chantada xestionado pola empresa Natutecnia (a través da UTE HASA-NATUTECNIA) tivo lugar un novo incumprimento dos servizos mínimos, segundo Sibgal.

ambulatoriodecoiaGaliza - ODS Coia - Este sábado 7 de novembro do ODS Coia teñen o pracer de convidar a toda a veciñanza do barrio e da cidade á xornada: “Ambulatorio de Coia. Un espazo, novos usos". Nela reflexionarán e intercambiarán experiencias sobre outros modos de construír e compartir espazos dende o común, coa xente e para a xente. Será nos locais da parroquia do “Cristo da Vitoria” na rúa Baiona 9 en Coia (Vigo).

lobo furtivosGaliza - Adega - A Xunta vén de respostar á recente denuncia de ADEGA sobre as ofertas de trofeos de lobo en Galiza aparecidas na internet (Ancares e Ribeira Sacra) confirmando con moitos rodeos que esa práctica é ilegal. Porén, a Reserva de Ancares aprobou en 2015 a caza de tres exemplares en paralelo co ofertado ilegalmente na rede...

736736Galiza - Corunha.info - Sexta-feira, 6 de novembro de 2015, às 20h. Praça de Maria Pita da Corunha.

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.