1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

15499250143 90a3ef2cd2 zGaliza - APDR - Desde que o goberno en funcións do PP concedeu a prórroga de 60 anos a ENCE, semella que se abriu a veda de caza da APDR, e así sucédense as declaracións airadas desde ENCE e sectores achegados que, "utilizando os mesmos argumentos mentireiros, pretenden desprestixiar á Asociación" que preside Antón Masa, explica este. "E, no colmo da desvergonza, ENCE chega a acusarnos hoxe de “complicidade na contaminación” da Ría por –segundo eles- non ter denunciado a existencia de vertidos urbanos e bacterias coliformes".


Foto de jorgegaygago (CC by-nc-nd/2.0/) - ENCE em Ponte Vedra.

"Vaia por diante que non é certo que non teñamos feito esas denuncias" pero, aínda no caso de non telas feito, a APDR di que non sería cómplices; e a quen tería que dirixir a súa crítica ENCE sería ás administracións española e autonómica, administracións coas que –por certo- mantén unhas magníficas relacións políticas, económicas e mesmo familiares e que –elas si- non fixeron nada por impedir a situación e son agora sancionadas.

Consideran que "resulta insultante que desde a empresa que ten a maior responsabilidade na situación actual da Ría", unha empresa que foi condenada por delito ecolóxico continuado "e que segue incumprindo boa parte da lexislación ambiental" se acuse de non ter feito nada por denunciar a situación a quen son responsábeis de que desde a UE se teña iniciado o proceso que deu lugar á sentenza recentemente ditada contra o Reino de España e á que ENCE alude no seu comunicado. Porque gústelle ou non a ENCE, foi a APDR quen no ano 1999 puxo a queixa diante da UE contra o Estado español polo incumprimento da Directiva 91/271/CEE; e foi a Xunta de Galicia "quen intentou torpedeala en multitude de ocasións". A APDR, durante o período 1999-2015, continuou coa denuncia e seguiu enviando información á UE, e foi así como se puido chegar a conseguir esta sentenza.

"E non contentos con difundir estas mentiras, ENCE terxiversa a realidade" ao dicir que a sentenza fai responsábel do estado das augas da Ría ás “augas domésticas” para evitar falar de “augas urbanas” que, tal e como define a Directiva 91/271/CEE e recolle no seu limiar a sentenza europea, inclúen tamén aos vertidos industriais que –como as de ENCE- saen á Ría mesturadas coas domésticas. Masa di que "Pretende ENCE desprestixiar á APDR e cre que coas súas falsidades vai conseguir que deixemos de loitar contra a contaminación das augas da Ría e denunciando a súa responsabilidade nesa situación de deterioramento; nada máis lonxe da realidade! A APDR vai continuar abandeirando unha loita que tarde ou cedo vai dar os seus froitos; porque temos razón e o tempo colocará a cada quen no seu sitio".


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Última hora

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.