1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Cartaz X Aniversario dos censosGaliza - DRV/DL - O vindeiro sábado 14 de novembro de 9:30 a 13:30 h. terá lugar a quinta actividade de celebración do X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña. Desta volta trátase dun roteiro ornitolóxico pola praia da Xunqueira, Moaña. A actividade será guiada polo monitor de ornitoloxía da asociación e a inscripción é obrigatoria (ver como inscribirse ó final deste texto).


Quedarán na estación marítima de ría en Vigo ás 9:15 h. para coller o barco e navegar ata Moaña onde comezarán a camiñar pola costa moañesa. Despois de disfrutar de aves como o gaivotón (Larus marinus), a gaivota cabecinegra (Larus melanocephalus) ou o carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), collerán o barco de volta ás 13 h. para estar sobre as 13:30 h. en Vigo de novo.

As actividades de celebración continuarán ó longo de todo o outono como se pode ver na listaxe que vén a continuación. Colgarase información en detalle de cada unha no blog http://www.fontainhavigo.blogspot.com 

2005-2015. X Aniversario dos censos de aves acuáticas da Asociación Fontaíña

Palestras (xoves ás 20:30 h. en O Lar do Queixa, Heraclio Botana 6, Vigo) e actividades de observación de aves

Xoves 1-10-15: Rede de observación de Aves e Mamíferos mariños (RAM). Xulio Valeiras (RAM)

Sábado 3-10-15: celebración do Día das Aves realizando a RAM en Cabo Silleiro (9-12 h.) (Inscripción obrigatoria)

Xoves 22-10-15: Aves urbanas: a súa importancia e conservación. Gustavo Ferreiro & Encarna González (Sociedade Española de Ornitoloxía)

Xoves 5-11-15: Presentación en Vigo do libro “Cuándo ver aves en Galicia”. Antonio Sandoval & Cosme Damián Romay

14-11: roteiro pola praia da Xunqueira, Moaña. Saída ás 9:15 h. da estación marítima de Vigo (Inscripción obrigatoria)

Xoves 19-11-15: Censos de aves invernantes en Galicia. Membro da SGHN: Sociedade Galega de Historia Natural

Xoves 3-12-15: Grupo de Anelamento Anduriña: estacións de esforzo constante e programa de anelamento de aves limícolas. Antonio F. Cordeiro (Grupo de Anelamento Anduriña)

Xoves 17-12-15: Observación de aves no esteiro do Miño. Membro de Anabam: Asociación Naturalista do Baixo Miño

Sábado 19-12-15: roteiro polo esteiro do Miño, A Guarda. Saída ás 10:15 h. da estación de autobuses de Vigo (Inscripción obrigatoria)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.