1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

4899449688 4649ed5a20 zGaliza - CIG-Autonómica - Os incendios forestais activos no concello de Ponteareas son un signo da nula política preventiva da conselleira Rosa Quintana Carballo, segundo o sindicato.


Foto de José Manuel García Estévez (CC by-sa/2.0) - Incêndio em Guitiande (Briom)

Con motivo dos incendios forestais que se están a producir nestes días na provincia de Pontevedra, as excusas perfectas dos máximos dirixentes da Conselleria do Medio Rural e do Mar para saír indemnes das críticas son as de sempre, “moito vento, zonas inaccesibles para os medios terrestres, dificultade para traballar os medios aéreos, etc, etc

CIG, e os propios traballadores e traballadoras do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia xa están "cansos das mesmas excusas, pretextos que nos levan a pensar que dende o goberno do Partido Popular non teñen, ou mellor dito, descoñecen como poñerlle freo a lacra dos incendios forestais".

CIG demándalle á Consellería do Medio Rural e do Mar que tome medidas, con carácter urxente, orientadas a unha política forestal preventiva en todo o territorio da nosa comunidade galega. Unha política preventiva dos incendios forestais que estableza prioridades, primeiramente nas zonas con maior risco de incendios e a continuación no resto do territorio.

Dada a situación de abandono do rural, atópase moita carga de combustible nos montes galegos, motivo polo que é trascendental un traballo coordinado polas diferentes administracións públicas (Xunta de Galicia e concellos). A conselleria non pode esquecerse tampouco das comunidades de montes, propietarias da maioría dos montes e que debido á escaseza de recursos económicos en moitas casos, non conseguen manter as súas propiedades en condicións óptimas para a loita contra os incendios forestais. O binomio Xunta de Galicia e comunidades de montes é fundamental para erradicar dunha vez por todas a lacra que representa os lumes.

CIG reclámalle a Conselleria do Medio Rural e do Mar que aplique políticas forestais encamiñadas a salvagardar o medio ambiente galego, destinando recursos económicos á tan anunciada prevención, recursos que están sendo dirixidos basicamente á extinción dos incendios forestais na campaña de alto risco. Levamos escoitando dende fai moitos anos atrás que os lumes comezan a sofocarse con políticas preventivas e en épocas de baixo risco, pois ben, a CIG exíselle ao goberno do Partido Popular que se aplique o conto e que dunha vez por todas poña freo á barbarie dos incendios forestais.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.