1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

gesteirasGaliza - O Fervedoiro - O proxecto do parque eólico do Xesteiras atópase en exposición pública no concello de Cuntis ata este venres, día no que remata o prazo para presentar alegacións a nivel municipal.


Dende hai un tempo O Fervedoiro anda a analizar o impacto que o devandito proxecto vai ocasionar, e facémolo dende cinco perspectivas:

A primeira, dende a liña económico-social, xa que dende hai anos apóstase por unha política catastrófica no que atinxe á explotación dos recursos enerxéticos, sempre orientada cara unha perspectiva privada, alleándonos dos recursos para fornecer de caudais os petos privados. E isto sen que reverta ren, directamente, na sociedade e nas economías familiares (sen rebaixas no kw/h, sen alumeados públicos de balde,...).

A segunda perspectiva que estamos a analizar en colaboración cos compañeiros de Naturgalicia é a que atinxe á proteccións das especies animais e vexetais ameazadas. Para iso temos identificado aves, teoricamente protexidas pola Normativa de Ámbito Mundial (e igualmente pola Normativa Europea e a doEstado Español); anfibios, seica tamén protexidos (Directiva 92/43/CEE del Consejo, de 21 de mayo de 1992, relativa a la conservación de los hábitats naturales y de la fauna y flora silvestres; contemplados no Catálogo Galego de Especies Ameazadas; e algúns incluídos no Convenio de Berna e na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial); coenagriónidos (recollidos no "Libro Rojo de los Invertebrados de España", 2006),...

A terceira vía de análise é a destrución de ecosistemas moi ricos como brañas de montaña e lagoas, remoción de cantidades inxentes de terras, apertura de vías para acceso de maquinaria pesada e que, posteriormente, serán empregados por determinado tipo de vehículos que axudarán a escorrentar a fauna autóctona. E iso sen ter en conta o consabido efecto na xeración de intensos campos electromagnéticos que non só poden afectar á fauna (aves migratorias, por exemplo), senón incluso ao ser humano. Quen negue que isto non ha afectar en mamíferos como os cabalos salvaxes do Xesteiras estará a negar unha evidencia, o son será enxordecedor e quizais haberá quen considere que os animais se habitúan a todo, tal e coma nós nos habituamos a que nos saqueen e furten os dereitos.

A cuarta ten que ver co efecto visual que ocasiona na paisaxe, xa que o medio ambiente non é só o conxunto de especies animais e vexetais que existe nun determinado territorio senón, igualmente, os hábitats (que non se deberan alterar), as xeografías e as paisaxes. Evidentemente o monte Xesteiras (outro venerado por Frei Martiño Sarmiento ao seu paso por Cuntis), non vai ser o mesmo coa instalación de 11 aeroxeradores que se erguerán dende as proximidades da Pedra da Aguia (quizais un abrigadoiro natural de época prehistórica) até a dorsal que discorre polo val de Vea (pasando por Santo André, Frades,...).

O quinto e último punto de análise, aínda que poderían ser máis, versa sobre a conservación do patrimonio histórico artístico. Liñas arriba falábase da presenza dun posíbel abrigadoiro natural de época prehistórica localizado na propiaPedra da Aguia, máis do que estamos certos (contemplando a planimetría e anexos do proxecto) é que afectará en alto grao aos testemuños megalíticos alí existentes (unha mámoa e o seu respectivo dolmen case seguro que serán desfeitos, así coma outros grandemente afectados). No anexo sobre este tipo de patrimonio para nada se tivo en conta a presenza de testemuños da Idade do Bronce (petróglifos que, por certo, teñen un grao de protección BIC), algún que outro castro, restos medievais (de mosteiros e fortalezas),...

E isto que aquí explicamos non deixa de ser, entre outras cousas, unha dinámica que dende hai anos se está a facer no noso país, a aplicación da Lei do "ti vai facendo" e "do ir tirando para diante", esa mesma rutina administrativa que contempla o vetusto como "pedras que estorban", que contempla aos animais como pezas idóneas para un zoolóxico ou un museo de historia natural. Perante isto O Fervedoiro –en colaboración con Naturgalicia– non pode nin debe calar. Por iso falamos e denunciamos. Cando as administracións miran de esguello os nosos problemas, a sociedade consciente actua.

Foto: O Fervedoiro


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.