1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

Galiza - APDR -

130412 eucalO pasado 3 de abril, a Mesa da Madeira convocada pola Consellería de Medio Rural facía pública a pretensión de utilizar insecticidas químicos na loita contra a praga do gurgullo que ataca ao eucalipto, o denominado Gonipterus scutellatus.


De acordo coas noticias aparecidas nos medios, a intención é fumigar con medios aéreos co insecticida Flufenoxuron, unha medida que desde a Asociación Pola Defensa da Ría queremos denunciar pola forte incidencia que podería ter sobre a saúde das persoas, sobre a fauna e a flora e sobre os solos, os acuíferos e as propiedades veciñais. Hai que ter en conta que os agrotóxicos fumigados desde helicópteros ou avionetas non só afectarán aos insectos tratados e que, ademais, adoitan caer fóra do seu obxectivo expandíndose a quilómetros de distancia.

Segundo se recolle en diversos estudios, unha das especies máis afectadas por este envelenamento serán as abellas que, están a morrer e desaparecer por millóns en todo o mundo debido ao uso destes pesticidas na agricultura e nas plantacións de eucalipto, e non debemos esquecer que as abellas non só teñen un papel como productoras de mel e outros derivados da colmea, senón que xogan un papel fundamental na polinización das plantas con flores, entre as que se inclúen moitos dos principais cultivos de froitas e hortalizas. Neste sentido, a súa morte está a ter consecuencias moi negativas na economía agraria.

Para a APDR, a decisión da Consellaría de Medio Rural de avalar estas fumigacións resposta a unha política de total dependencia da industria da celulosa e das industrias de pesticidas, e sitúa ao goberno da Xunta de Galiza enfronte dos intereses da inmensa maioría da cidadanía galega e do medio ambiente. Non se pode esquecer que o Flufenoxuron é un insecticida que –pola súa elevada toxicidade e capacidade de acumulación- atópase en moratoria e desaparecerá do mercado polos efectos nocivos que ten sobre a saúde e o medio ambiente (Directiva 91 / 414 / CEE e RD 255 / 2003) polo que hai industrias moi interesadas en vender os seus stocks deste pesticida antes da súa prohibición. E tampouco debemos esquecer que a introdución do goníptero nos montes galegos é responsabilidade de ENCE, unha razón máis para amosar a nosa repulsa pola súa presencia na nosa comarca.

Pontevedra, 11 de abril de 2012


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.