Este tipo de instalacións sométense a un rigoroso control administrativo precisamente para garantir a viabilidade das actividades e a compatibilidade das mesmas co respecto ao medio ambiente e ás persoas. Algúns dos veciños que xa achegaran fai uns meses as súas preocupacións a Amigos da Terra, en xuño do ano pasado, aseguraban que as obras desta planta leváronse a cabo a pouco máis de 300 metros de distancia á unha primeira vivenda habitada e a 420 metros do núcleo poboacional o que obriga a posuír un ditamen motivado de avalición de incidencia ambiental outorgado pola administración autonómica.
Pero non é o único informe do que carece a planta de residuos. Así mesmo,faltan as autorizacións administrativas e as notificacións das actividades de produción e xestión así como a súa inscrición no Rexistro Xeral de Produtores e Xestores de Residuos de Galicia, a lo menos esta era a situación cando en xuño do ano pasado Amigos da Terra dirixiu un escrito á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia, sen que se recibira información de ningún tipo. Neste sentido a asociación galega lembra que os cidadáns cada vez están máis interesados en saber que lle van a colocar fronte a súa casa e se é legal. Por iso cada vez son máis os que acoden ao servizo xurídico da asociación preguntando como poden tramitar un escrito de petición de información ás administracións. Neste punto so falta que as institucións, cumpran.
Para Amigos da Terra se estas instalacións non cumpren as normas básicas de protección ambiental, deben clausurarse, promover a restauración da zona e impor as correspondentes sancións aos responsables.
Foto: Ourense Dixital.