1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

260116 apdrGaliza - Radiofusom - O goberno en funcións prorroga a concesión á celulosa de Pontevedra por sesenta anos.


A plataforma Ence Fóra, na que se incluie o Concello de Pontevedra, fala de cacicada do Partido Popular e de traición a Galicia de Mariano Rajoy. É unha moi mala noticia para a cidade, segundo o ecoloxista Antón Masa, quen sinalou que a decisión non é firme. O goberno en funcións prorrogou onte ata o 2073 a concesión de terreos públicos na ría de Pontevedra para a celulosa. O beneplácito permitirá á pasteira seguir utilizando a concesión outorgada pola dictadura de Franco en 1958.

A presencia da fábrica de celulosa na Ría é un aspecto moi polémico na comarca, onde existe hai décadas un activo tecido social contrario á industria. Un dos colectivos máis críticos, Salvemos Pontevedra, mantén aberto un preito no que reclama que o Estado abra e execute o expediente para facer caducar a concesión na costa, agora prorrogada.

O asunto tamén é moi relevante a nivel político, pois o PP prometeu a nivel galego que buscaría outra situación para a fábrica cerca de Pontevedra, mentres os conservadores e varios sidnicatos a nivel local sempre estiveron a prol da súa permanencia na praia de Placeres. Polo contrario, os partidos de esquerda levan anos apoiando as mobilizacións de colectivos como a Asociación en Defensa da Ría contra a celulosa. Este asociación argumenta que se ceden "terreos de titularidade pública a unha empresa privada que, ademáis, incumpre a legalidade".

Entrevista con Antón Masa, presidente da APDR, na que analiza a prórroga de Ence (12 minutos)


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.