1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

150116 choveGaliza - Radiofusom - O balance meteorolóxico de 2015 reflicte que foi un dos anos máis cálidos e secos da historia recente de Galiza.


A súa temperatura media foi de 14,4 graos centígrados, un grao por encima da media climática, o que o converteu nun dos cinco anos máis cálidos das últimas tres décadas. Ademais, as precipitacións globais situáronse un 26% por debaixo dos valores normais. Así o expuxo hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a súa visita ao Laboratorio de Medio Ambiente de Galiza, onde realizou un balance climático do ano que vén de rematar. No que a temperatura se refire, concretou que dos doce meses, sete foron catalogados como cálidos (abril, maio, xuño, xullo, outubro, novembro e decembro), tres como normais (xaneiro, marzo e agosto) e dous como fríos (febreiro e setembro).

Para realizar esta clasificación, compárase a temperatura media de calquera mes coa media do mesmo mes dos anos 1971-2000. Se a temperatura do mes analizado é superior entre medio grao e tres graos, considérase como cálido. Se, polo contrario, está entre medio grao e tres por debaixo, é catalogado como frío. E, se está medio grao arriba ou abaixo, tratarase dun mes “normal”.

Mato abundou noutro punto: os meses fríos non o foron especialmente, pero os cálidos si acadaron niveis elevados. Catro deles (abril, xuño, novembro e decembro) superaron en máis de dous graos a temperatura media habitual e dous deles (abril e decembro) estiveron a piques de considerarse “moi cálidos”, isto é, máis de 3 graos por enriba da media.

No que se refire as precipitacións, a conselleira sinalou que 2015 foi “predominantemente seco”. A precipitación media foi de 982 litros por metro cadrado, unha situación que non se daba desde 2007.

Sete dos doce meses foron secos (febreiro, marzo, abril, maio, xullo, novembro e decembro). Isto quere dicir que as precipitacións foron entre un 10 e un 70% menos abundantes do habitual. O mes de xuño foi “moi seco”, con precipitacións un 70 por cento por debaixo dos valores habituais. Pola súa banda, setembro e xaneiro foron “normais”; mentres que agosto e outubro foron clasificados como húmidos, dado que rexistraron precipitacións entre un 10 e un 90% superiores á media.

Tomando como referencia as estacións, o 2015 comezou cun inverno seco e lixeiramente frío. A partir da primavera, especialmente do mes de abril, comezáronse a manifestar temperaturas máis altas do habitual, sendo a segunda primavera máis cálida desde 1997 e a máis seca dos últimos 25 anos. O verán foi tamén cálido e seco, aínda que cun comportamento pouco uniforme, xa que xuño foi o único mes “moi seco” e agosto foi o máis excepcionalmente húmido. Por último, o outono foi seco e cálido, principalmente debido ao mes de novembro, no que cidades como a Coruña ou Ourense bateron rexistros históricos de temperatura.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.