1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

640px Cooked mussels DSC09244Galiza - GCiencia - A esperanza de vida en Galicia entrou no selecto club dos 83 anos. Só Xapón e algunhas comunidades en España teñen tanta lonxevidade. A alimentación é unha das razóns. E o proxecto de investigación Galiat 6+7 ten comprobado as virtudes da chamada dieta atlántica, que en GCiencia recollen na reportaxe audiovisual da serie Ciencia en Vivo.


Foto de David Monniaux (CC BY-SA 1.0)

A dieta atlántica diminúe o colesterol e contribúe a rebaixar o adiposisade e o peso das persoas. Para chegar a esta conclusión, o grupo GALIAT 6 + 7, formado por seis empresas e sete grupos de investigación, realizou un experimento con 231 familias e un total de 656 persoas. Dividiunas en dous grupos para sometelas durante seis meses a dous modelos alimenticios distintos, e a conclusión foi clara: a significativa diminución do colesterol.

Galiat 6 + 7 presentou o ensaio clínico pioneiro en I+D+i, realizado en colaboración co Hospital Clínico de Santiago. As familias participantes, todas elas do concello da Estrada, dividíronse en dous grupos. A un, de 125 familias, induciúselle ao consumo de produtos das empresas do consorio, con produtos como os mexillóns, as brásicas, os lácteos galegos, ou o viño con moderación, entre outros. Outras 125 familias actuaron como control, sen intervención nutricional, pero cos mismos controis clínicos e analíticos. Remataron o experimento 213 unidades familiares.

Os resultados demostraron que a chamada dieta atlántica é saudable, en pé de igualade coa xa máis popular dieta mediterránea. Como nos contan na reportaxe audiovisual da serie Ciencia en Vivo.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.