1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

Alcabre Praia do Carril 1Galiza - A. Fontaíña - vindeiro sábado 2 de xaneiro pola mañá (de 9 a 13 h.) realizarase a XII edición censo de aves invernantes do treito costeiro que vai dende Cabo de Mar (Alcabre) ata a Praia de Baluarte (Coruxo), pasando pola Xunqueira do Lagares.


Foto de HombreDHojalata (CC BY-SA 4.0) - Praia do Carril, em Alcabre.

O lugar de encontro será en Cabo de Mar (no extremo leste do paseo de Samil) as 9:00 h.

O número de prazas é limitado (7 voluntarios/as).

Nesta actividade os e as participantes irán acompañados por un ornitólogo da asociación Fontaíña e axudarán a identificar e a contar as aves acuáticas que se atopen no seu percorrido. Dita información serve para coñecer o estado ambiental deste treito de costa en xeral e das poboacións de aves acuáticas do mesmo en particular.

Co gallo do X aniversario desta actividade, en 2015 leváronse a cabo diferentes actividades relacionadas coa ornitoloxía como charlas, excursións,... das que houbo máis información no blogue da Asociación Fontaíña de Vigo. Dende a Asociación Fontaíña queren dar as grazas a todas as persoas que colaboraron nestas actividades en particular e nas actividades de voluntariado da asociación en xeral.

As persoas interesadas teñen que apuntarse no correo electrónico diegodalimia@gmail.com indicando o número de teléfono e se se precisan prismáticos.

É recomendable levar prismáticos e roupa e calzado cómodos para camiñar.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.