1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (1 Votos)

unnamedGaliza - Projeto Rios - Foron novamente moitas as persoas que se mollaron polos ríos na VIII Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñan o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.


Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, colchóns, altofalantes, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado...

Calculan que os residuos de tódolos concellos suman máis de 11 toneladas, pero debemos lembrar que o seu principal obxectivo non era este. O voluntariado ambiental non é man de obra barata que poida suplir o traballo da administración, é, por outra banda, unha masa de xente que axuda a concienciar á sociedade. O voluntariado denuncia que a situación dos nosos ríos debe mudar, e para iso fai actividades como esta.

A VIII Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 43 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 54 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 5 concellos que organizan directamente esta actividade.

Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de a Fundación Biodiversidad, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Coruña, A Estrada, Ames, Allariz, Arzúa, Cambre, Carballo, Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Ponteareas, Pontevedra, Rianxo, Ribadumia, Salceda de Caselas, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, e Tomiño.

Ao longo desta semana publicarán na web do Proxecto Ríos: www.proxectorios.org e na web específica da limpeza: http://limpeza.proxectorios.org/ un informe coas conclusións finais desta actividade, así como as fotos da xornada da limpeza que aínda están a recibir dos grupos participantes.

Voltan a agradecer a todo o voluntariado galego o seu compromiso cos nosos ríos, un ano máis a sociedade galega Mollouse Polos Ríos.

projetorios


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.