1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

tejerina acordo lacteo 2Galiza - Campo Galego - Un total de 32 axentes do sector industrial e 24 da distribución asinan o pacto. Pola parte produtora, entran as cooperativas e Asaja, pero quedan fóra Upa e Coag.


Foto - Foto de familia dos asinantes do acordo lácteo en Madrid

O acordo que se presentaba como clave para solucionar a crise do leite nace marcado pola división. Asinárono a gran maioría de empresas e asociacións do sector industrial (32) e da gran distribución (24), un total de 56, pero pola parte do sector gandeiro quedan fóra dúas das principais organizacións agrarias, Upa (Unións Agrarias en Galicia) e Coag, representada polo Sindicato Labrego en Galicia. Si subscribiron o pacto Cooperativas Agroalimentarias de España e Asaja, que cualificou de “histórico” o documento.

O cabalo de batalla das negociacións no sector impulsadas polo Ministerio de Agricultura situouse na cuestión do prezo do leite. Tanto Upa como Coag aspiraban a que o texto final do acordo explicitase o compromiso das industrias a pagarlle ós gandeiros un prezo que remunerase os custos de produción, so pena de sancións en caso de incumprimentos.

Tal esixencia quedou diluída no documento proposto polo Ministerio nun xénerico “prezos de compra (…) que contribúan á sostiblidade das explotacións”. Desde o Goberno, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, advertiu hoxe de que o acordo é tan ambicioso como permite o ordenamento xurídico: “Fixar un prezo mínimo é contrario ó ordenamento xurídico e ás normas de competencia. O que non é legal, non podo promovelo”, sostivo.

Sobre a posibilidade de sancións en caso de incumprimentos do acordo, Tejerina pronunciouse na mesma liña: “Nun acordo voluntario, non hai lugar para un réxime sancionador, xa que en Estados de Dereito como España, as sancións só poden establecerse para normas con rango de lei”.

Avances

Entre os avances que vai supoñer o acordo, Agricultura destaca o compromiso da gran distribución para deixar de usar o leite como “produto reclamo” a baixos prezos e para asinar contratos a longo prazo coas industrias. Eses contratos a longo prazo facilitaranlle maior estabilidade ás empresas e permitiranlle trasladar esa estabilidade ós gandeiros, ó entender de Agricultura. “Son dúas medidas que, sen dúbida, van xerar máis valor e maís renda para os gandeiros”, sostivo Tejerina hoxe tras a sinatura do acordo en Madrid.

A titular de Agricultura salientou tamén o compromiso da industria de facilitar os prezos de venda do leite líquido ás cadeas de distribución, de xeito que haberá unha “transparencia total” na cadea de valor do leite. Ata o de agora, o Ministerio dispuña dos datos de prezos medios cobrados polo gandeiro e dos prezos medios no punto de venda, pero carecía de información sobre o eslabón intermedio.

Valoracións

Tras a sinatura, as principais organizacións agrarias galegas emitiron comunicados para valorar a medida. Asaja destacou o acordo como “histórico” e sinalou, en liña co Ministerio, que supón “un cambio das regras de xogo (…) que repercutirá nun maior valor do leite para os gandeiros”.

De distinto xeito valoran o acordo outras organizacións como o Sindicato Labrego Galego (SLG), a Fruga ou Unións Agrarias. “O texto asinado non garante un prezo que, como mínimo, cubra os custes de produción. Trátase dun documento que non concreta nada e que segue confiando a súa validez á boa vontade das industrias e das distribuidoras”, valora o Sindicato Labrego en nota de prensa. “É un documento decepcionante”, sostén o SLG, que engade que este venres 25 hai unha reunión da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego para valorar a resposta unitaria a adoptar.

Por parte de Unións Agrarias-Upa, Román Santalla exprésase na mesma liña e indica que ó acordo faltoulle “valentía” para definir que é o “prezo sostible” e para establecer un “réxime sancionador” que obrigue ó seu cumprimento. “Precisamos sinais de boa vontade por parte da industria e da distribución”, demandou Santalla. “O primeiro que deben facer as industrias é rachar os contratos á baixa que lle impuxeron ós gandeiros. Os prezos deben recuperarse de inmediato”, emprazou. Unións, igual que o Sindicato Labrego, considera que as mobilizacións están “latentes”, non desconvocadas.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.