1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 (0 Votos)

18404302444 e6c7bc605f zGaliza - APDR - A “Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar (Secretaría de Estado de Medio Ambiente)” , vén de resolver acerca do expediente de caducidade da concesión da empresa ENCE S.A., un asunto no que ten intervido a Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) que presentou alegacións como parte interesada no momento no que desde o Ministerio de Medio Ambiente se amplían á problemática medio ambiental as causas de caducidade da concesión da antedita empresa pasteira.


Foto de GZFoto (CC by-sa-nc)

E tal como fixera xa no “Informe propuesta de resolución” inicial, resolve a caducidade parcial da citada concesión, ordenando a ENCE que proceda ao levantamento das instalacións deportivas (para o que lle da un prazo máximo de seis meses) e inicie os trámites para a legalización do edificio do comedor, e ao Servizo Provincial de Costas que outorgue aos órganos xestores da depuradora e o emisario submarino un prazo de tres meses para solicitar a oportuna concesión.

Máis unha vez, o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, obvia aquelas cuestións realmente importantes desde o punto de vista do incumprimento da concesión por parte dos responsábeis de ENCE para –máis unha vez- respectar os intereses particulares dunha empresa fronte ao dereito do conxunto da cidadanía ao uso e disfrute do espazo de titularidade pública.

Como xa fixera no anterior Informe, segundo a APDR, falséase a verdade no que fai ás alegacións da APDR no tocante ás causas medio ambientais de caducidade da concesión, que para nada se limitan –como afirma a Dirección Xeral na páxina 21 da resolución que comentamos- ás causas recollidas na sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra do 5 de novembro de 2002. Moi ao contrario, a APDR demostraba (cos datos da propia empresa e que esta remite á Xunta de Galicia) que ao longo de toda a súa historia e cando menos ata finais do ano 2014, ENCE veu superando o límite de 20 ppm de DBO fixados no título da concesión e, xa que logo, incumprindo unha condición obxectiva do citado título que debería conlevar a caducidade da concesión

Non se debe esquecer que, no que fai á caducidade da concesión, o que está en litixio no expediente aberto desde o Ministerio non é se ENCE cumpre ou non as condicións esixidas na súa Autorización Ambiental Integrada (AAI); nin sequera se cumpre ou non a lexislación ambiental hoxe vixente. Trátase de avaliar se ENCE cumpre ou non cos niveis esixidos na concesión no que ao parámetro DBO se refire; é dicir, se ENCE superou ou non este nivel de DBO fixado.

Xa por último, a APDR di que non é certo –como manifesta a Dirección Xeral na páxina 11 do seu escrito de resolución- que o colectivo teña presentado as alegacións fóra de prazo, unha vía que serve á administración para non entrar a valorar os nosos argumentos e menoscabar así o noso dereito a intervir neste proceso e que poñeremos en claro en breve. Evidentemente, desde a APDR recorrerán pola vía xudicial esta nova decisión administrativa ao entender que é contraria á razón e ao dereito, lesiona os dereitos do conxunto da cidadanía e que -máis unha vez- a administración do Estado actúa en beneficio exclusivo do interese privado.


Diário Liberdade é um projeto sem fins lucrativos, mas cuja atividade gera uns gastos fixos importantes em hosting, domínios, manutençom e programaçom. Com a tua ajuda, poderemos manter o projeto livre e fazê-lo crescer em conteúdos e funcionalidades.

Microdoaçom de 3 euro:

Doaçom de valor livre:

Última hora

Publicidade
Publicidade
first
  
last
 
 
start
stop

Quem somos | Info legal | Publicidade | Copyleft © 2010 Diário Liberdade.

Contacto: info [arroba] diarioliberdade.org | Telf: (+34) 717714759

Desenhado por Eledian Technology

Aviso

Bem-vind@ ao Diário Liberdade!

Para poder votar os comentários, é necessário ter registro próprio no Diário Liberdade ou logar-se.

Clique em uma das opções abaixo.